A velocidade e a paixón regresan esta semana tras tres longos meses de seca. Os mellores pilotos do mundo danse cita no circuíto malaio de Sepang, convertido por uns días na capital mundial do motociclismo. Será a primeira toma de contacto do ano onde poderemos ver como evolucionan os pilotos sobre as súas novas monturas. O Repsol Honda Team e os seus pilotos, Dani Pedrosa e Andrea Dovizioso, chegan a Malaisia moi motivados.
Non será a primeira vez que os pilotos Repsol suban á nova Honda. Xa tiveron ocasión de facelo o pasado mes de novembro, un día despois da sensacional vitoria coa que Dani Pedrosa pechou a tempada 2009. Aquilo foi un primeiro achegamento á nova moto; agora comeza o traballo máis duro.
O equipo Repsol ao completo dedicará todos os seus esforzos na posta a punto da Honda RC212V 2010. Os adestramentos durarán tres xornadas, aínda que na primeira delas só os pilotos probadores poderán saír a pistas. Haberá que esperar ao xoves para poder ver a Pedrosa e a Dovizioso sobre as súas máquinas.
Dani Pedrosa chega pletórico a esta primeira cita do 2010, despois de que o pasado mes de decembro se sometese a unha operación cirúrxica para retirarlle un parafuso da súa man esquerda. O catalán está ansioso por subirse á súa nova moto e comezar a pretempada coas mellores sensacións posibles.
Os dezasete mellores pilotos do Mundo saltarán ao trazado malaio o xoves e o venres. En Sepang poderemos ver a Valentino Rossi e Jorge Lorenzo sobre a súa nova Yamaha, e a Casey Stoner e ao seu compañeiro Nicky Hayden estrear a súa recentemente presentada Ducati, entre outros. Unha nova tempada de MotoGP comeza a prepararse esta semana en Malaisia. Non o perdas!
Enlaces relacionados:
• Todas as citas do 2010: O calendario do Mundial
• Os pilotos de MotoGP
• Os circuítos do Mundial
Últimas noticias
> O piloto Repsol Dani Pedrosa, intervido para retirarlle un parafuso da man esquerda
> Finaliza unha tempada onde os usuarios foron os protagonistas na Canle de Competición de repsol.com
03/02/2010
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.