Prometedor inicio de Pedrosa en Montmeló - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Prometedor inicio de Pedrosa en Montmeló

CopyRepsolYPF

Dani Pedrosa realizou o mellor rexistro nos adestramentos oficiais de MotoGP a pesar de non poder completar a sesión por mor dunha desafortunada caída. Con este magnífico resultado, o piloto de Repsol Honda, afronta o sexto Gran Premio da tempada coa intención de brindar un triunfo á afección española que lle permita achegarse ao líder provisional da categoría raíña, Valentino Rossi, que concluíu na terceira praza. A segunda posición foi para Capirossi.

MotoGP
O piloto de Repsol Honda, Dani Pedrosa, iniciou con bo pé o Gran Premio de Cataluña. Cun tempo de 1´43´´017 parece decidido a obter a súa segunda vitoria da tempada ante os miles de afeccionados españois que se darán cita no trazado catalán. Pedrosa, que xa venceu no GP de Cataluña nas categorías de 125cc e 250cc, mostrouse moi sólido durante a sesión ata que a falta uns minutos para o final foise ao chan sen maiores consecuencias. Mentres tanto, o seu compañeiro de equipo, Nicky Hayden, concluíu en novena posición. Os compatriotas, Capirossi e Rossi, terminaron en segunda e terceira praza respectivamente, xusto por diante de Casey Stoner que foi cuarto.
Por outra banda, Jorge Lorenzo sufriu unha nova caída ao comezo da rolda de adestramentos oficiais e tivo que ser atendido polo persoal sanitario do circuíto. Ao parecer, o piloto español púidose resentir das lesións que padece en ambos os nocellos.


250cc
A pole provisional foi para o español Alvaro Bautista, que finalizou por diante do italiano Marco Simoncelli. O terceiro mellor tempo da rolda de clasificación adxudicóusello Héctor Barberá, que parece querer resarcirse da súa caída de Mugello cun bo resultado. O piloto Repsol KTM, Julián Simón, que terminou undécimo o pasado Gran Premio, non se mostrou cómodo sobre a súa montura e acabou na décimo terceira praza.


125cc
O español Pol Espargaró asinou unha excelente actuación e marcou o mellor ritmo entre os pilotos do oitavo de litro. O mozo de Derbi, que concluíu na terceira praza o Gran Premio de Italia, confirma deste xeito o seu gran momento de forma. A segunda posición adxudicóusella o francés Dei Meglio, seguido polo vixente Campión da categoría Talmacsi. A nota negativa protagonizouna Esteve Rabat, que sufriu unha caída ao termo da sesión e finalizou en décimo sétimo lugar. O seu compañeiro de equipo, Marc Márquez, foi vixésimo quinto.

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Volta virtual con Dani a Montmeló
Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet

06/06/2008

Últimas noticias

> A afección estará con Dani
> Montmeló, un circuíto especial


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.