Primeira liña para os pilotos Repsol - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Primeira liña para os pilotos Repsol

CopyRepsol YPF

Dani Pedrosa e Nicky Hayden partirán dende a primeira fila da grella de saída do GP Cinzano de Catalunya tras completar unha grande actuación na sesión de clasificación. Os pilotos do Repsol Honda Team chegaron ata a encabezar a táboa de tempos, pero Casey Stoner mellorou por moi pouco os seus rexistros para anotar unha nova pole na categoría de MotoGP. Pedrosa sairá segundo mentres que Hayden pechará a primeira fila. Valentino Rossi só puido ser noveno, polo que partirá dende a terceira liña do circuíto de Montmeló.

Os pilotos do Repsol Honda Team, que realizaron un grande traballo durante as sesións libres previas á clasificación, puxeron de manifesto as súas intencións de cara á carreira. Tanto Dani Pedrosa como Nicky Hayden protagonizaron un excelente tramo final da quenda clasificatoria no que mantiveron un duelo de voltas de rápidas que os colocou á fronte da táboa de tempos. Con todo, o australiano de Ducati Casey Stoner asinou un excelente último xiro que o situou na pole position.

Randy De Puniet encabezará a segunda liña seguido do norteamericano Colin Edwards, que liderou a táboa de tempos durante boa parte da sesión clasificatoria. O debutante James Toseland pechará a segunda fila. Cabe destacar que o actual líder da categoría raíña Valentino Rossi, que non atopou o ritmo para estar entre os mellores, non puido pasar da novena posición e partirá dende a terceira fila na grella de saída xunto a Andrea Dovizioso e Chris Vermeulen. O español Toni Elías encabezará a quinta liña.

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Volta virtual con Dani a Montmeló
Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet

Últimas noticias

> Esteve Rabat recupera o coñecemento e evoluciona favorábelmente
> Prometedor inicio de Pedrosa en Montmeló


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.