Valentino Rossi sinalou a Dani Pedrosa como un dos seus principais rivais de cara á tempada do ano que vén, na que o italiano pretende volver coroarse como campión do Mundo. Unha difícil tarefa na que terá moitos inimigos. Entre eles, o piloto Repsol, para o que o italiano tivo palabras de eloxio.
“Sempre me gustou moito Dani porque pilota moi ben e sabía que estaría na pelexa”, recoñeceu o campión do Mundo. Non é a primeira vez que Rossi encomia a calidade de Pedrosa como piloto e agora, coa experiencia que Dani adquiriu cos Bridgestone, ambos vivirán unha intensa loita polo título Mundial.
Entre os seus inimigos nesa loita polo campionato, Rossi incluíu tamén ao piloto Repsol Andrea Dovizioso: “Os meus rivais, do mesmo xeito que este ano, serán Pedrosa, Stoner, Lorenzo e Dovizioso”. O novo piloto do equipo Repsol Honda demostrou a súa calidade no seu ano de debut na máxima categoría e sen dúbida estará entre os primeiros na tempada 2009.
Pola súa banda, Dani Pedrosa pensa xa na próxima tempada, na que o seu máximo obxectivo, asegura, é gañar “consistencia e regularidade”. O piloto Repsol tamén alude a Rossi cando fala dos seus rivais en 2009. “Será o gran rival”, afirma. A pesar de todo, Dani pelexará por destronar ao piloto de Yamaha ao termo da próxima tempada.
Outros enlaces de interese:.Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
. Participa no Blog persoal de Dani Pedrosa
. Todos os segredos do box, no Blog dos Mecánicos
. Se asinaches o Muro dos Fans, non te perdas a sorpresa de Dani
. Coñece ao novo piloto do equipo Repsol: Andrea Dovizioso
24/11/2008
Últimas noticias
> Dovizioso, comprometido coa seguridade viaria
> Dovizioso, satisfeito co seu novo equipo
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.