“Demos un paso adiante coa electrónica, pero falta axustar un pouco máis o chasis” - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
“Demos un paso adiante coa electrónica, pero falta axustar un pouco máis o chasis”

Copy Repsol

Despois de dous días de adestramentos no circuíto malaio de Sepang e de realizar un intenso traballo, Dani Pedrosa afinou a posta a punto da súa Honda RC212V coas novas pezas preparadas para esta tempada. Tras dar máis de 100 voltas e case 600 quilómetros, o piloto Repsol Honda foi mellorando paulatinamente (reducindo medio segundo os seus rexistros do primeiro ao segundo día), pero finalizou coa impresión de que aínda queda traballo por diante.

Podes facernos un balance dos dous días de adestramentos?
“Volvemos centrarnos principalmente no traballo co novo chasis e as suspensións Ohlins, despois das probas que fixemos a principios de mes aquí en Malaisia. A verdade é que as sensacións aínda son moi novas para min con esta moto, porque ademais de empezar a traballar con Ohlins despois de tanto tempo con Showa (tanto eu como Honda), houbo modificacións no chasis e unha evolución na electrónica. O que buscamos agora é unha boa combinación de todo e aínda non demos con ela, non fixemos os progresos que esperabamos. Así que hai que reflexionar sobre iso, ver o que necesitamos e dar un paso adiante nos próximos adestramentos en Qatar”.

Non terminaches onde esperabas. Estás preocupado porque só queden dous días máis de adestramentos antes do inicio do Mundial?
“Non estou preocupado, pero si é certo que só nos quedan dous días máis para adestrar, e quizais non sexa suficiente tempo para nós. De todos os xeitos, a situación é a que é e temos que traballar con iso, así que tentaremos estar tan preparados como nos sexa posible para a primeira carreira. Honda está a pór moito da súa parte, eu tamén me esforcei ao máximo, así que os resultados téñense que ver pronto”.

Cal é o problema agora mesmo?
“É difícil explicalo, porque teño sensacións contrapostas. O positivo é que co motor conseguimos un mellor control na saída das curvas e é un pouco máis suave”.

Crees que Honda pode facer algunha cousa, no sentido de traer material novo?
“Non sei cal vai ser o plan, porque evidentemente primeiro temos que analizar e comprobar o que necesitamos e o que deberiamos facer. Entón xa tomaremos as medidas oportunas”.

Cal sería a prioridade que deberías solucionar?
“Agora mesmo temos problemas co chasis e a suspensión. A combinación non funcionou, e non se conxuntou verdadeiramente”.

Despois de poder traballar ben durante o inverno na túa preparación, sen os problemas de anos anteriores, fisicamente como te atopas?
“No primeiro adestramento que fixemos non me atopei aínda do todo forte, e despois de rodar aqueles dous días, fixemos un adestramento un pouco máis específico sobre os puntos nos que me sentía un pouco débil, por exemplo, nas freadas. Si que fixemos máis exercicio cos brazos e neste segundo adestramento atopeime mellor. Aínda hai aspectos nos que se pode mellorar, e temos un mes antes da primeira carreira, na que poderemos facelo ben?”

Nas freadas, que era un dos problemas maiores do ano pasado, mellorouse?
“Non o suficiente aínda como para dicir que podemos esquecernos deles”.

E respecto da electrónica?
“Aquí creo que demos un paso adiante, aínda que polo de agora non conseguimos axustar o chasis da moto, así que non podemos sacar realmente todo o proveito. En canto atopemos a dirección a seguir co chasis e as suspensións, poderemos aproveitar máis a nova electrónica, que creo que é positiva”.

Os próximos adestramentos son en Qatar, de noite, unhas condicións que teñen pouco que ver co que ides atopar o resto da tempada.
“Si, será un adestramento máis enfocado para a primeira carreira
, pero nós teremos que aproveitalo ao máximo para a nosa moto”.

O cambio que houbo no teu box co cargo de Alberto Puig como team manager do teu equipo, consideras que che repercute dalgunha forma? Notaches algunha diferenza?
“A situación de momento é como antes. As cousas están a ir suaves, pero no caso de que teñamos problemas, espero que se poidan corrixir máis rapidamente xa que é unha persoa que di as cousas moi claras”.

O sábado 13 de marzo será a presentación do Repsol Honda Team, un evento que o ano pasado te perdiches. Será un día especial para ti?
“Por suposto. Teño moitas ganas de ir, porque como dis, o ano pasado non puiden ver nada, nin gozar cos afeccionados, e este ano estarei alí para divertirme con todos eles”.

01/03/2010

Enlaces relacionados:
Accede a la Zona Pedrosa
Conoce a todos los pilotos de MotoGP del Mundial 2010
Todas las citas de 2010: El calendario del Mundial
Todos los datos estadísticos, en el buscador más completo de la red

Últimas noticias

> Marc Márquez, en plena forma para uns novos adestramentos en Valencia
> O Repsol Honda Team despídese de Malaisia con traballo pendente


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.