A de Xerez é unha das citas máis atractivas e coloridas do calendario español. Paixón, diversión, festa... Moitos son os adxectivos aos que os pilotos recorren para intentar explicar o que significa esta cita, a de maior ambiente de toda a tempada. E é que a celebración do Grande Premio de España enche de cor as bancadas e os arredores do trazado de Xerez da Fronteira.
A práctica totalidade dos pilotos coinciden en que esta é unha proba distinta. Sobre todo para os españois, que senten de cerca o alento da súa afección. E é que esta cita se converteu nunha auténtica festa do motociclismo no noso país, que vai máis aló da competición. Miles de moteiros chegan a Xerez dende todos os recunchos da xeografía española para gozar coa súa maior paixón: as motos.
Así, Xerez convértese unha vez ao ano na Meca á que peregrinar para centos de miles de afeccionados que enchen o circuíto coas súas cores. A festa comeza o venres nas rúas da localidade e durante toda a fin de semana o ambiente é inigualábel. Finalmente, a proba do domingo congrega a 250.000 persoas en torno ao trazado, o de maior capacidade de todo o calendario do Mundial de MotoGP.
Este é un dos circuítos preferidos de Dani Pedrosa xa que, ademais de correr en casa, recoñece que en ningún outro sitio sente á xente “como en Xerez”. A vitoria gózase máis neste trazado e é que, segundo afirma o piloto do Repsol Honda, que xa sabe o que é gañar aquí, contáxiase “a euforia” que “só o público de Xerez pode facer sentir”.
25/03/2008
Últimas noticias
> Herdanza Repsol, herdanza de Campións
> Xerez, unha cita emblemática
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.