Obras en Montmeló - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Obras en Montmeló

Copy Repsol

O Circuíto de Cataluña quere realizar un lavado de cara nas súas instalacións para o próximo ano. As obras levaranse a cabo no paddock, na tribuna principal, nos edificios de servizos e na sala de prensa. Ademais, a dirección do Circuíto exponse crear unha estrutura cuberta na “pelousse”.

Ramón Praderas, director xeneral do Circuíto, e Jordi Cañellas, director de marketing, explicaron que as obras comezarán en breve e que xa se adxudicou o proxecto, polo que non interferirán nas actividades programadas para o 2009. Os responsables do Circuito tamén explicaron que pretenden impulsar actividades paralelas ás actuais no trazado, para lograr novas fontes de ingresos.

O ano que vén, Montmeló vivirá a festa do motociclismo o día 14 de xuño, e será a sexta proba do Mundial. A outra cita importante do circuíto, o Gran Premio de Fórmula 1, terá lugar o 10 de maio.

Calendario oficial do Mundial de Motociclismo do próximo ano:
12 abril: GP Qatar (nocturno)
26 abril: GP Xapón
3 maio: GP España
17 maio: GP Francia
31 maio: GP Italia
14 xuño: GP Cataluña
27 xuño: GP Holanda
5 xullo: GP Estados Unidos (só MotoGP)
19 xullo: GP Alemaña
26 xullo: GP Gran Bretaña
16 agosto: GP República Checa
30 agosto: GP Indianápolis
6 setembro: GP San Mariño
20 setembro: GP Hungría
4 outubro: GP Portugal
18 outubro: GP Australia
25 outubro: GP Malaisia
8 novembro: GP Comunidade Valenciana

20/11/2008

Últimas noticias

> Dovizioso, satisfeito co seu novo equipo
> Máis tempo para a preparación física


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.