Mellor tempo para Marc Márquez na segunda xornada de adestramentos en Valencia - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Mellor tempo para Marc Márquez na segunda xornada de adestramentos en Valencia

Copy Repsol

Na segunda sesión de adestramentos oficiais no Circuíto Ricardo Tormo da Comunidade Valenciana, o piloto Repsol Marc Márquez completou unha xornada moi frutífera, na que ademais de lograr o mellor rexistro do día, completou unha infinidade de probas coa súa Derbi RSA 125. O novo piloto completou un total de 45 xiros ao trazado valenciano, marcando o seu mellor tempo na volta 38.

Márquez saíu á pista ás 11:30 da mañá, despois de esperar a que o asfalto do Ricardo Tormo alcanzase unha boa temperatura. A partir dese momento, Marc foi completando quendas de tres ou catro voltas, para regresar a continuación ao box e comentar cos técnicos as súas sensacións respecto dos cambios que ían realizando na posta a punto das suspensións e axustes varios.

Ás 15:00 horas finalizou o adestramento combinado xunto cos pilotos de Moto2, e aínda que posteriormente se organizou outro adestramento para os pilotos do oitavo de litro das 16:00 ás 17:00 horas, o piloto Repsol desestimou regresar á pista pola baixada de temperatura a esas horas, evitando así tomar riscos innecesarios nunha xornada na que xa ninguén superou o seu mellor crono.

O mellor tempo de Márquez (1:40’280 seg), é un segundo e sete décimas máis rápido que o que marcou aquí en novembro do ano pasado durante os adestramentos cronometrados do Gran Premio de Valencia (1:41’991 seg), e un segundo e dúas décimas máis rápido que a pole realizada por Julián Simón (1:41’472 seg).

Coa satisfacción do traballo ben feito, o piloto Repsol prepárase para afrontar a terceira e definitiva sesión de adestramentos no trazado valenciano, que posiblemente será baixo a choiva no caso de que se cumpran as previsións meteorolóxicas.

Marc Márquez, 1:40’280 seg, 45 voltas, 180 Km.
“De momento todo está a ir ben e estoume atopando cómodo coa Derbi. Falta ver se mañá hai bo tempo para poder seguir traballando ben, porque hoxe a pista estaba mellor que onte e aínda que facía un pouco máis de frío, non fixo vento, o cal sempre axuda. Atopeime máis solto sobre a moto, porque ao principio sempre estás un pouco ríxido, e probamos diferentes configuracións para conseguir unha posta a punto ao meu gusto. Mesmo puidemos marcar un bo rexistro, pero iso agora mesmo é o de menos, porque o importante é rodar, sumar quilómetros e seguir coñecendo ao equipo, co que me estou compenetrando ben”.

03/03/2010

Enlaces relacionados:
Accede a la Zona Márquez
Todas las citas de 2010: El calendario del Mundial
Todos los datos estadísticos, en el buscador más completo de la red

Últimas noticias

> Positivo arranque de Marc Márquez en Valencia
> “Estou moi contento coas melloras que fixo Honda, pero temos que traballar máis para loitar por gañar”


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.