Mellor tempo de Marc Márquez en Xerez - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Mellor tempo de Marc Márquez en Xerez

Copy Repsol

A segunda xornada de adestramentos programada no Circuíto de Xerez puido desenvolverse con relativa normalidade, apenas interrompidos por chuvascos intermitentes que caeron ao longo de toda a xornada sobre o trazado andaluz. Aproveitando os intervalos nos que a pista estivo seca, Marc Márquez foi o autor do mellor tempo do día, cun rexistro de 1 minuto 47 segundos e 473 milésimas.


O piloto Repsol, que saíra a rodar o motor con pneumáticos de choiva, puido utilizar no resto da xornada pneumáticos de seco e seguir co traballo de adaptación e posta a punto levado a cabo nos anteriores adestramentos. Ao principio, coa pista aínda sucia e fría, rodou cunha configuración branda da suspensión. Unha vez mellorou o agarre, o seu equipo axustoulle a posta a punto máis dura e o piloto Repsol xa puido marcar un ritmo máis forte.

Marc Márquez realizou quendas máis longas que en Valencia (dunhas seis voltas), e tras a cautela inicial coa pista aínda húmida, axiña alcanzou un ritmo elevado, rodando regularmente en 1 minuto e 48 segundos. O luns, se segue mellorando a climatoloxía, o piloto Repsol e o seu equipo teñen previsto seguir traballando para mellorar o ritmo, e mesmo probará a facer un simulacro de carreira.

Marc Márquez, 1’47.473 seg, 48 voltas, 213 km.
“Ao principio a pista patinaba un pouco, especialmente cada vez que caeron catro pingas, pero cando secou, o agarre foi bastante bo e puidemos rodar ben. Xa tiñamos algunha idea para a posta a punta dos adestramentos que fixemos aquí ao terminar a tempada pasada e do que fomos probando en Valencia, e atopeime cómodo rapidamente. Fixemos un bo traballo e mesmo cheguei a marcar un bo rexistro, a miña marca persoal neste circuíto. Tampouco tivemos caídas e iso é importante, porque cos charcos era fácil ter algún susto”.

Enlaces relacionados:
Accede a la Zona Márquez
Todas las citas de 2010: El calendario del Mundial
Todos los datos estadísticos, en el buscador más completo de la red

08/03/2010

Últimas noticias

> A choiva adianta o final dos adestramentos de Márquez en Valencia
> Mellor tempo para Marc Márquez na segunda xornada de adestramentos en Valencia


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.