A pretempada de 2009 é máis longa do habitual, un feito que contrasta coa redución das probas que se disputarán até o próximo mes de abril, momento no que botará a rodar de novo a competición. Esta decisión, segundo algúns pilotos, pode favorecer o espectáculo e é que así poderán ter máis tempo para a preparación física persoal, algo que se notará desde a primeira carreira.
Os pilotos e os equipos pasarán case a metade de días en pista que a pretempada pasada. Fronte aos 23 días de adestramento de 2008, este ano a organización destinou 12, un total de cinco probas (foron sete o ano anterior), ao longo de case seis meses. Esta medida permitirá alixeirar as partidas orzamentarias e, ademais, outorgaralles aos pilotos máis tempo de descanso e traballo persoal para pórse en forma.
Este feito pode resultar moi determinante ao comezo da tempada e é que as diferenzas entre os pilotos se notarán máis que o habitual nesa primeira carreira. Até agora, todos chegaban igual de preparados, pero con menos adestramentos contará máis a habilidade dos mecánicos e a os propios pilotos.
A pretempada arrincou en Valencia, un día despois do final do Mundial, con dúas xornadas de probas no mesmo circuíto Ricardo Tormo. A seguinte cita será tamén en España, no circuíto de Xerez, este mesmo mes (días 26-27). Os equipos non volverán rodar até o próximo ano.
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.