Cando falta pouco máis dun mes para o arranque do Mundial de Motociclismo, Marc Márquez subirase por segunda ocasión este ano á Derbi RSA coa que disputará a súa terceira tempada no Campionato do Mundo. Despois de todo un inverno sen poder pilotar a súa moto de competición e centrando o seu adestramento na preparación física, as semanas previas á primeira carreira serven para controlar que o desenvolvemento físico e o metabolismo se atopan en parámetros normais, ademais de axustar a moto.
É por iso que o piloto Repsol acudiu ao CAR de Sant Cugat (un centro de alto rendemento especializado na formación de deportistas a nivel internacional) para someterse a un exhaustivo exame médico, algo fundamental para encarar unha longa tempada de competición a unha idade como os 17 anos.
Aproveitando a infraestrutura do centro, Márquez completou unha proba de esforzo e realizouse análises de sangue, antropométricos e de capacidade pulmonar, probas todas dirixidas a deportistas de alto nivel, que no caso dun adolescente aínda en idade de crecemento son aínda máis importantes para levar a cabo un seguimento pautado e optimizar tanto o adestramento como a propia nutrición.
Márquez e o seu equipo iniciarán no Circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo os segundos adestramentos do ano. Despois de estar fai unha semana tres días no Circuíto de Cataluña, onde a choiva e as baixas temperaturas impediron realizar todo o traballo previsto, o equipo chega ao trazado español co obxectivo de seguir acumulando quilómetros e datos sobre a Derbi RSA que Márquez pilotará esta tempada.
Marc Márquez
“Acabamos de pasar unha revisión médica completa, porque antes de empezar a tempada é bo comprobar que todo sexa correcto. Un mesmo sabe como está e podes ver que estás ben, pero fanse unhas análises para estar seguros de que non existe ningún problema e que non falte nada. Agora, xa estamos a pensar nos adestramentos de Valencia, que enfocaremos en acumular máis quilómetros. Nos adestramentos no Circuíto de Cataluña non puidemos rodar demasiado, e o que necesitamos é axustar unha configuración básica da moto para ter unha idea máis clara da posta a punto. Aquí haberán cronometraxes oficiais, haberán máis pilotos e quizais o último día toda a xente irá buscar un tempo, pero en pretempada isto non é o máis importante, porque aínda non se dan puntos ao campionato e calquera incidente pode comprometer o arranque do Mundial”.
01/03/2010
Últimas noticias
> O Repsol Honda Team prosegue en Sepang os preparativos da tempada 2010
> A choiva e o frío poñen punto final anticipado aos adestramentos de Marc Márquez
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.