Marc Márquez aproveita a mellora do tempo para progresar coa súa Derbi RSA - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Marc Márquez aproveita a mellora do tempo para progresar coa súa Derbi RSA

Copy Repsol

A importante mellora das condicións meteorolóxicas, coa aparición do sol e un leve aumento das temperaturas, permitiu a pilotos e equipos de 125cc e Moto2, sacar maior proveito desta segunda xornada de adestramentos no Circuíto de Cataluña. Os 15ºC máximos de temperatura ambiente e os 23ºC da pista superaron de sobra os apenas 12ºC de temperatura ambiente rexistrados onte, cando a pista apenas chegaba a rexistrar un máximo de 13ºC, dez por baixo da máxima alcanzada.

Marc Márquez, que na súa segunda sesión de adestramentos no Circuíto de Cataluña completou un total de 31 voltas ao trazado catalán, sufriu unha leve caída esta mañá na curva 4 de dereitas (Curva Repsol), despois de que unha caída de Julián Simón instantes antes deixase a pista chea de auga polos charcos que rodean o asfalto, despois da choiva caída onte. Ao chegar Márquez a ese punto onde se atopaba Simón, a roda dianteira da súa Derbi perdeu adherencia ao frear sobre a zona encharcada, terminando polo chan, aínda que afortunadamente foi unha caída leve.

A máis prexudicada no incidente foi a nova moto do piloto Repsol, que tivo que pasar por boxes para que a reparasen, o que lle fixo perder a Márquez as dúas horas máis produtivas do día, xusto cando a temperatura ambiente alcanzaba o seu punto álxido e a pista tamén.

De regreso á pista, superadas as 15:00 horas, o pupilo de Emilio Alzamora seguiu concentrado no proceso de adaptación á súa nova moto e no traballo básico de posta a punto dos axustes das suspensións e do chasis, para así ir coñecendo pouco a pouco, xunto ao seu novo equipo, o comportamento da Derbi RSA 125.

Mañá venres porase punto final aos adestramentos programados no Circuíto de Cataluña, escenario que non volverán pisar os pilotos do Mundial de Motociclismo até a fin de semana do Gran Premio de Cataluña, que se celebrará o 4 de xullo.

Marc Márquez, 1’54.04 seg, 31 voltas, 147 km.
“Foi un día un pouco raro, porque tivemos un pouco de mala sorte e non puidemos aproveitalo de todo cando facía máis sol e a pista tiña máis temperatura. Esta mañá Julián Simón caeu xusto diante de min, salpicou o asfalto coa auga dun charco, e caín xusto detrás del. Cando reparamos a moto, pola tarde, puiden rodar un pouco máis e axiña puiden colocarme nos tempos normais, pero o circuíto non estaba moi rápido. Facía frío, escorregaba un pouco, e iso impídeche rodar máis rápido, así que hoxe foi apenas un día de toma de contacto. De todos os xeitos, o importante é que volvemos rodar en moto, coa pista seca, e estoume atopando moi ben. Seguiremos traballando con paciencia, paso a paso, e o equipo está a axudarme moito. Esperemos que mañá podamos ter un bo día con sol, aínda que todo apunta a que choverá”.

Condicións da pista:
Tempo: Despexado
Temperatura: 13º-15ºC
Humidade: 59%
Estado do asfalto: Seco
Temperatura da pista: 17º-23ºC
Vento: 3 km/h.

19/02/2010

Últimas noticias

> Marc Márquez estrea moto e cores no Circuíto de Cataluña
> Marc Márquez adestrará o próximos tres días en Montmeló sobre a súa Derbi RSA


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.