A sorte dálle as costas a Pedrosa e Dovizioso en Assen - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
A sorte dálle as costas a Pedrosa e Dovizioso en Assen

Copy Repsol YPF

Os pilotos do equipo Repsol Honda Dani Pedrosa e Andrea Dovizioso, tiveron sendas caídas cando marchaban en cuarta posición no Grande Premio de Holanda. A carreira gañouna Valentino Rossi no que supuxo a súa vitoria número cen no Campionato do Mundo, con Jorge Lorenzo en segundo lugar, e Casey Stoner terceiro.

Mala carreira para o equipo Honda Repsol, xa que os seus dous pilotos foron ao chan cando máis posibilidades tiñan de facer algo importante na carreira. Dani Pedrosa realizou, como nel é habitual, unha impresionante saída que lle posibilitou marchar primeiro durante a primeira volta. Rápidamente Valentino Rossi fíxose co liderato, e comezou a tirar para escapar do grupo de catro que se formou cos grandes favoritos do Campionato. Cando parecía que Pedrosa ía estar diante cos mellores, foi ao chan nunha curva cando perseguía a Lorenzo, que acababa de superalo. Unha pena de caída, porque Pedrosa mostrouse en moi boa forma durante a fin de semana, e as molestias comezaban a remitir.

O seu compañeiro Andrea Dovizioso tampouco tivo mellor sorte. Trala caída de Pedrosa colocouse en cuarta posición, e empezou a rodar con forza para atrapar ao trío de cabeza. Foi ao chan cando marcaba os seus mellores tempos, nunha curva de esquerdas. Deste xeito a carreira quedou cos tres primeiros, que se distanciaron entre eles, réstandolle emoción ao final da carreira. Valentino Rossi levou a vitoria, liderando o Mundial por poucos puntos, sobre Jorge Lorenzo e Casey Stoner.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.