A choiva adianta o final dos adestramentos de Márquez en Valencia - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
A choiva adianta o final dos adestramentos de Márquez en Valencia

Copy Repsol

O piloto Repsol e o seu equipo deciden dar prioridade á cautela e volverán á actividade a partir do próximo sábado no Circuíto de Xerez, durante outros tres días de probas.

As boas sensacións de Marc Márquez durante os últimos dous días no Circuíto da Comunidade Valenciana Ricardo Tormo, son a positiva bagaxe dos primeiros adestramentos oficiais que os pilotos do oitavo de litro realizaron esta tempada. Co asfalto totalmente mollado e unha persistente choiva aumentando, a precaución ditou dar por concluída a actividade no circuíto valenciano e Márquez non volverá pórse a funda até o vindeiro sábado no Circuíto de Xerez.

Autor onte do mellor tempo absoluto destes adestramentos, Marc Márquez e o seu equipo deron por bo o traballo de posta a punto realizado o luns e martes. Por precaución decidiron suspender as probas que tiñan previstas para hoxe, debido ao escaso agarre que ofrecía o asfalto do Circuíto da Comunidade Valenciana. A choiva non aconsellaba asumir demasiados riscos e ante a inminencia do arranque da tempada, o piloto Repsol decidiu pór rumbo ao sur da península. Serán tres días de probas no Circuíto de Xerez, trazado que acollerá ademais outros tres días de adestramentos a finais deste mes de marzo, do 27 ao 29, que porán punto final á pretempada 2010.

04/03/2010

Enlaces relacionados:
Accede a la Zona Márquez
Todas las citas de 2010: El calendario del Mundial
Todos los datos estadísticos, en el buscador más completo de la red

Últimas noticias

> Mellor tempo para Marc Márquez na segunda xornada de adestramentos en Valencia
> Positivo arranque de Marc Márquez en Valencia


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.