A afección estará con Dani - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
A afección estará con Dani

Copy Repsol YPF

Dani Pedrosa mira cara ao primeiro posto do podio de Montmeló, unha proba carismática na que o piloto quere regalar unha nova alegría aos seus afeccionados como xa fixera en Xerez, onde acabou en primeira posición. Para iso, o español contará co apoio dos afeccionados no trazado catalán, que volverán encher unha vez máis as bancadas do circuíto que podería bater unha nova marca de asistencia.

O piloto Repsol asegura que afronta a cita catalá coa emoción que supón correr en casa e ante o seu público. “Será unha gran fin de semana; compito ante a miña afección, preto de onde crecín, e realmente sinto e agradezo o apoio dos afeccionados”. O mellor xeito de agradecelo, é, sen dúbida, cunha vitoria e Pedrosa recoñece que fará todo o posible por brindarlla, nun trazado que lle encanta.

E é que a calor da afección é fundamental en Montmeló. Así o entenden tanto o piloto como o seu equipo. Jordi Prades, mecánico de Pedrosa, pide desde o Blog dos mecánicos do equipo Repsol o respaldo da afección. “Necesitamos todo o voso apoio para poder gañar o Mundial”, asegura. E é que as bancadas empuxan máis do que se pode crer e Prades afirma que en Mugello puido “ver, oír e notar á multitude de fans axudando a Rossi”.

Cataluña é a casa de Pedrosa e aproveitar o “factor cancha” é imprescindible. Así o fixo Valentino Rossi en Mugello, un circuíto onde a calor dos seus lle arroupa ata pasar a liña de meta. Pero iso é algo que non se lle dá nada mal a Dani Pedrosa, que venceu nas últimas probas celebradas en España: Xerez e Cheste. Esta fin de semana, coas bancadas de Montmeló batendo unha nova marca de asistencia, o binomio “afección-Pedrosa” pode conseguir un novo éxito: o seu terceiro GP español consecutivo.

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Volta virtual con Dani a Montmeló
Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet

05/06/2008

Últimas noticias

> Montmeló, un circuíto especial
> O Mundial chega a Montmeló


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.