Esta semana a maioría dos pilotos e dos equipos oficiais de MotoGP achegaranse ao trazado español para levar a cabo dúas novas xornadas de adestramentos. Estas probas, enmarcadas dentro da pretempada oficial de 2009, serán a última cita do ano. Os pilotos Repsol Dani Pedrosa e Andrea Dovizioso non se perderán a ocasión de continuar traballando de cara á próxima tempada.
As probas test están reservadas á categoría raíña e un total de 14 pilotos sairán a pista. Entre eles estarán Andrea Dovizioso e Dani Pedrosa. Está previsto que o mal tempo faga acto de presenza durante o segundo día, pero durante a primeira xornada os pilotos poderán saír a pista a probar as súas novas mecánicas e os Bridgestone cos que todos competirán en 2009, sen que a choiva lles moleste.
Pedrosa traballará na súa nova moto mentres que para Dovizioso será unha nova oportunidade para seguir adaptándose aos pneumáticos e á Honda oficial. Entre as ausencias destaca a de Casey Stoner, que se perderá estes adestramentos por atoparse en pleno proceso de recuperación da operación de pulso que lle realizaron tralos adestramentos de Cheste. Tampouco estarán as escuadras oficiais de Suzuki e Kawasaki e o representante do equipo LCR Honda, Rany de Puniet.
O circuíto andaluz acollerá dúas xornadas de adestramentos o 26 e o 27, para poñer punto final ao ano. A pretempada continuará xa en 2009, do 21 ao 23 de xaneiro no circuíto de Sepang, en Malaisia.
Otros enlaces de interés:• Todos los datos estadísticos, en el Buscador más completo de Internet
• Participa en el Blog personal de Dani Pedrosa
• Todos los secretos del box, en el Blog de los Mecánicos
• Si firmaste el Muro de los Fans, no te pierdas la sorpresa de Dani
• Conoce al nuevo piloto del equipo Repsol: Andrea Dovizioso
Últimas noticias
> As limitacións electrónicas poderían chegar no 2010
> Pedrosa, rival de Rossi para o 2009
26/11/2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.