Herdanza Repsol, herdanza de Campións - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Herdanza Repsol, herdanza de Campións

Copy Repsol YPF

Dende tempos de Angel Neto, Repsol estivo no Mundial de Motociclismo probando e mellorando os seus produtos, e conseguindo nada menos que 29 Campionatos do Mundo. Agora, o novo anuncio de Repsol baséase nunha reflexión de Pedrosa no que sente a importancia de correr nun equipo no que, ao longo da súa historia, competiron grandes campións: Nieto, Sito Pons, Álex Crivillé, Mick Doohan e Nicky Hayden.

A formulación creativa deste novo anuncio baséase nunha reflexión de Pedrosa no que sente a importancia de correr no equipo Repsol, e reflíctese o apoio e a responsabilidade que lle achegan as cores Repsol, onde ao longo da súa historia competiron grandes campións: Ángel Nieto Neto, Sito Pons, Álex Crivillé, Mick Doohan e Nicky Hayden. 

Con elementos comúns ao anterior anuncio de Repsol baseado nun poema de Kipling -a música continúa sendo a mesma, “Call to arms”, da Banda Sonora da película “Glory”-, neste novo anuncio pódese sentir o gran peso da herdanza de Repsol no Mundial de Motociclismo, a través dos seus Campións do Mundo. O anuncio parte dunha reflexión de Dani Pedrosa na que explica que cando un piloto se viste coas cores Repsol, sente a importancia do que estas cores significan e de quen os vestiron antes. Visualmente, isto tradúcese nun ronsel que segue a Dani dende que está no box ata que sobe ao máis alto do podio. 

O novo anuncio, que se emitirá nas principais cadeas do país en horario de máxima audiencia a partir de mañá domingo 23 de marzo e durante toda a tempada, céntrase en Dani Pedrosa, protagonista dos anuncios de Repsol dende o seu paso a MotoGP o ano 2006. 

Como se fixo
O anuncio foi rodado no circuíto de Alcarràs, Lleida, durante tres días nos que un equipo técnico de máis de sesenta persoas estivo a traballar intensamente coa colaboración de Dani Pedrosa e Álex Crivillé. Trátase dun anuncio ideado pola axencia Young & Rubicam, baixo o mando de Nicolás Hollander, o prestixioso director creativo que xa liderou o proxecto do anuncio da poesía de Kipling. Foi producido por RCR, con Daniel Benmayor á fronte da realización, que necesitou outras tres semanas de post-produción ata que toda a película xa estivo montada e lista para saír a pantalla.

No novo anuncio salientouse a herdanza dunha compañía que leva corenta anos vinculada ao Mundial de Motociclismo, e que apoia ao piloto que viste hoxe as súas cores, Dani Pedrosa, xa que como el mesmo di, "non só corres polo que tes diante, tamén por todo o que tes detrás”.

25/03/2008

> Spot TV


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.