O Repsol Honda Team conclúe satisfactoriamente os adestramentos en Sepang - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
O Repsol Honda Team conclúe satisfactoriamente os adestramentos en Sepang

Copy Repsol

A pesar da choiva ao principio e ao final do día no Circuíto Internacional de Sepang, o Repsol Honda Team puido aproveitar o valioso tempo en pista e pór fin satisfactoriamente aos primeiros dous días de probas de MotoGP en 2010. Dani Pedrosa mellorou o seu tempo en máis dun segundo, terminando o día no cuarto lugar da xeral; unha actuación respectable mentres vai adaptándose á Honda RC212V de 2010 con suspensións Ohlins.

O piloto español aproveitou a presenza da choiva da mañá para probar a nova moto baixo estas condicións e comprobar as melloras no sistema electrónico sobre a pista mollada. O seu compañeiro no Repsol Honda Team, o italiano Andrea Dovizioso, tamén realizou algúns progresos; uniuse a Pedrosa na pista húmida ao comezo da xornada e posteriormente comezou a mellorar o seu ritmo, a medida que a pista foi secando.

O italiano recortou 0.4 segundos o seu mellor tempo, mentres el e o seu equipo continuaron co programa de probas preparado para avaliar as melloras da moto deste ano. Dovizioso centrouse sobre todo nos axustes das suspensións, comentando posteriormente a importante mellora que a nova electrónica achegou ao rendemento da RC212V.

A primeira carreira da tempada de 2010 terá lugar baixo os focos do Circuíto de Losail, Qatar, o domingo 11 de abril de 2010. Pero antes, o Repsol Honda Team completará outros dous días de adestramentos en Sepang, os días 25 e 26 de febreiro, e unha proba final da pretempada en Qatar, a partir do 18 de marzo.

Dani Pedrosa, 2:01.822 seg. 50 voltas
“Hoxe superamos máis probas e podo dicir que melloramos de forma significativa, e iso é importante á hora de atopar unha boa dirección a seguir. Traballamos principalmente na suspensión traseira e logramos recoller unha gran cantidade de datos que deberían axudarnos para a próxima proba aquí, dentro de dúas semanas. Tamén probamos distintos basculantes e ao final do día notei as melloras, así que estou contento por iso. Onte tardei máis tempo en coller o ritmo sobre a moto porque era o primeiro día de volta aos mandos, pero hoxe foi moito mellor, aínda que polo de agora non estou ao cento por cento. Ter a segunda proba aquí en só dúas semanas vainos moi ben. Non pedín pezas novas porque tanto o equipo como eu creemos que é mellor analizar o que pescudamos aquí e concentrarnos niso. Marcho a casa satisfeito.”

Andrea Dovizioso, 2:02.272 seg. 52 voltas
“Voume de Sepang cunha sensación moi positiva e síntome seguro de cara á próxima proba, porque temos as ideas claras sobre a dirección que hai que seguir. Hoxe traballamos nas suspensións e probamos algunhas opcións de configuración con resultados positivos. Estou contento porque, grazas á electrónica, o sistema mellorou en todos os aspectos, aínda que queda traballo que facer. En particular, temos que dar outro paso adiante con respecto ao balance da moto. Estou seguro de que poderemos melloralo nas seguintes sesións de probas aquí, en Sepang. Hoxe corremos todo o tempo con pneumáticos duros e non nos fixamos nos tempos por volta. Creo que a próxima proba en Sepang será máis indicativa do noso verdadeiro ritmo.”

08/02/2010

Enlaces relacionados:
Todas as citas do 2010: O calendario do Mundial
Os pilotos de MotoGP
Os circuítos do Mundial

Últimas noticias

> O Repsol Honda Team retorna á acción en Sepang
> Sepang, primeira cita de ano


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.