O Mundial chega a Montmeló - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
O Mundial chega a Montmeló

Copy Repsol YPF

Sen case tempo para asimilar o podio do Gran Premio de Italia, Dani Pedrosa e o resto de pilotos da grella de MotoGP afrontan unha nova cita esta fin de semana. O Mundial volve a España, un dos países onde máis intensamente se vive este deporte, para disputar o GP de Cataluña no Cicuíto de Montmeló. Un novo asalto ao podio nunha carreira na que o piloto Repsol espera dar grandes alegrías aos seus afeccionados.


Dani Pedrosa quere obter un novo éxito ante os seus, despois de gañar a segunda proba da tempada en Xerez. Barcelona acolle o segundo gran premio español do ano e o piloto Repsol aspira a unha vitoria que lle sirva, ademais, para recortar distancias co líder do Mundial, Valentino Rossi.

Pedrosa xa sabe o que é gañar neste circuíto e é que o español se proclamou campión do GP de Cataluña en 125cc no ano 2003, e en 250cc dous anos máis tarde, mentres que en 2007 subiu ao podio tras acabar a carreira en terceira posición. Pola súa banda, o seu compañeiro de equipo Nicky Hayden sairá ao circuíto de Montmeló coa mirada posta no podio, nun circuíto no que deixou a súa pegada. E é que o estadounidense é o artífice da volta máis rápida rexistrada no trazado catalán ata agora.

Tras seis Grandes Premios, a de Barcelona antóllase como unha cita crave na que se van a empezar a determinar cales son as posibilidades de cada un de cara ao título Mundial. Así, pilotos como Jorge Lorenzo ou Casey Stoner deberán confirmar na pista catalá a súa candidatura a un campionato no que, ata agora, os máis serios aspirantes son Dani Pedrosa e Valentino Rossi.

Horario GP Cataluña:
Sábado, 07 xuño:
• 13:10. Clasificación 125cc
• 13:55. Clasificación MotoGP
• 15:10. Clasificación 250cc

Domingo, 08 de xuño:
• 11:00. Carreira 125cc
• 12:15. Carreira 250cc
• 14:00. Carreira MotoGP

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
Así está o Mundial

04/06/2008

Últimas noticias

> Pedrosa supera a Aspar en número de podios
> "Os pilotos como Dani saben o que teñen, o que queren e o que necesitan"


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.