A semana que vén o piloto italiano volverá ter a oportunidade de subirse á moto oficial de Honda nos adestramentos que se disputarán en Xerez. Dovizioso mostrouse moi ilusionado con este novo reto e está moi satisfeito con como avanzan as cousas no seu novo equipo. O novo piloto Repsol xa pensa na tempada que vén.
Dovizioso asegura que o seu obxectivo principal será “loitar en cada carreira por subir ao podio”, e ter un rendemento regular ao longo de toda a tempada coa súa nova moto oficial. O piloto italiano móstrase, pois, moi positivo e ambicioso de cara ao 2009, tras realizar xa dúas xornadas de probas.
Un día despois de que finalizase o Mundial de 2008, o piloto afrontou os seus dous primeiros adestramentos no Repsol Honda Team. Foron dous días de achegamento á súa nova moto e aos seus novos compañeiros de box. O primeiro, Dovizioso axustou os distintos elementos da súa moto á súa estatura e preferencias persoais e probou por primeira vez os pneumáticos Bridgestone.
“Foi un día especial para min”, dixo entón o italiano, que vía cumprido o seu soño de subirse a unha Honda oficial. Un día despois, tras adestrar baixo a choiva, Dovizioso asegurou estar “moi contento polo método de traballo” do seu novo equipo. “Estou a aprender moito cada vez que me subo á moto nova, e estou moi ilusionado con este novo reto”, engadiu. A semana que vén o piloto Repsol terá unha nova oportunidade de continuar aprendendo e prepararse para o 2009.
> Coñece ao novo piloto do equipo Repsol: Andrea Dovizioso
Outros enlaces de interese:
.Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
. Participa no Blog persoal de Dani Pedrosa
. Todos os segredos do box, no Blog dos Mecánicos
. Se asinaches o Muro dos Fans, non te perdas a sorpresa de Dani
Últimas noticias
> Máis tempo para a preparación física
> 2009: Así será a próxima tempada
18/11/2008
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.