Dovizioso, comprometido coa seguridade viaria - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Dovizioso, comprometido coa seguridade viaria

Copy Repsol

O piloto do equipo Repsol Andrea Dovizioso quixo colaborar co seu provedor de cascos, Vemar, nunha campaña deseñada para promover a seguridade viaria entre os máis pequenos. Trátase dun concurso que, baixo a lema “un casco pola seguridade”, busca fomentar a condución segura e o uso do casco entre os futuros condutores.

A campaña presentouse o pasado luns día 17 e trátase dun concurso no que os alumnos deberán idear un slogan que promova o uso do casco e poña de relevo a importancia dunha condución segura.

O italiano demostra así que é un piloto comprometido coa seguridade viaria, un tema importante no que os pilotos poden desempeñar un importante papel como modelos e ídolos dos máis pequenos.

Andrea Dovizioso estreouse xa co equipo Repsol e a semana que vén terá unha nova oportunidade para continuar traballando cos seus novos compañeiros e na súa nova moto. O piloto mostrouse moi satisfeito e moi ilusionado con este reto. Os próximos adestramentos serán os días 26 e 27 deste mes, no circuíto de Xerez.

> Coñece ao novo piloto do equipo Repsol: Andrea Dovizioso

Outros enlaces de interese:

.Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet
. Participa no Blog persoal de Dani Pedrosa
. Todos os segredos do box, no Blog dos Mecánicos
. Se asinaches o Muro dos Fans, non te perdas a sorpresa de Dani

21/11/2008

Últimas noticias

> Dovizioso, satisfeito co seu novo equipo
> Obras en Montmeló


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.