Dobrete das Derbi 125cc no GP de Catalunya - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Dobrete das Derbi 125cc no GP de Catalunya

CopyRepsol YPF

Mike Dei Meglio fíxose coa vitoria tras liderar o grupo de cabeza dende o ecuador da carreira. O francés de Derbi mostrouse moi sólido e aguantou por diante de Pol Espargaró, que saía dende a pole. Gabor Talmacsi aproveitou os erros de Terol e Olivé, que abandonaron no tramo final por mor de sendas caídas, para subir ao terceiro caixón do podio de Montmeló. O piloto de Repsol KTM Marc Márquez aguantou o ritmo do grupo de cabeza durante grande parte da carreira e finalizou na décima posición.

A primeira parte da carreira transcorreu en grupo con ata doce pilotos rodando en dous segundos durante os xiros iniciais. Pol Espargaró, Nico Terol, Sergio Gadea e Joan Olive realizaron unha grande saída e colocáronse á fronte do grupo. Antes do primeiro xiro Terol púxose na cabeza, pero foi Gadea quen comezou a tirar con forza tras pasar tanto a Espargaró como a Terol, pero pouco máis tarde fixo un recto tras tocarse con Terol na entrada dunha curva. Dei Meglio aproveitou o final da recta de meta en varias ocasións para colocarse á fronte do grupo na apurada de freada.

No ecuador da carreira o grupo de cabeza reduciuse a sete pilotos que abriron un oco dun segundo co grupo perseguidor. A falta de tres xiros Espargaró acelerou o seu ritmo e pegouse a Di Meglio e Terol, mentres que o seu compañeiro de equipo Joan Olivé foi ao chan. Cando restaban dous xiros para o final catro pilotos rodaban na cabeza cunha renda de case seis segundos sobre Corsi, que era quinto. Terol caeu no tramo final por mor dun erro na saída dunha curva. Finalmente Dei Meglio impúxose na liña de meta por diante de Espargaró, que aguantou a presión de Talmacsi para entrar segundo na meta de Montmeló. O novo piloto de Repsol KTM Marc Márquez cruzou a meta en décima posición.

> Especial Montmeló ‘08

Participa no Desafío Repsol!

Volta virtual con Dani a Montmeló
Dani Pedrosa escribe no seu Blog sobre o GP de Cataluña
Os segredos do box, no blog dos mecánicos do Repsol Honda Team
Todos os datos estatísticos, no Buscador máis completo de Internet

08/06/2008

Últimas noticias

> Álvaro Bautista logra a pole en 250cc
> Primeira liña para os pilotos Repsol


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.