Dani sobe ao podio en Cheste - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Dani sobe ao podio en Cheste

Copy Repsol

O piloto Repsol Dani Pedrosa finalizou en segunda posición no GP da Comunidade Valenciana, tras rodar durante toda a carreira ao ronsel dun Casey Stoner que liderou a proba dende a primeira volta. O terceiro caixón do podio foi para o italiano Valentino Rossi. O compañeiro de Dani no equipo Repsol, Nicky Hayden, finalizou en quinta praza.

A saída da carreira mantivo as posicións iniciais, e dende o principio marcháronse o australiano Casey Stoner e o pilot de Repsol Honda Dani Pedrosa. Nicky Hayden e Andrea Dovizioso engadíronse nun principio ao grupo, pero o forte ritmo marcado por Stoner só puido seguilo o piloto catalán de Repsol. O australiano conseguiu escapar e estabelecer unha diferenza con Pedrosa de tres segundos que se mantivo até o final da carreira.

Por detrás, Valentino Rossi volveu dar un recital remontando dende a décima praza até o terceiro posto. O italiano conseguiu zafarse de Dovizioso e Hayden, pero non puido co forte ritmo de Dani Pedrosa ao que en ningún momento puido alcanzar ao longo da carreira. Nicky Hayden mantívose na quinta posición, chegando a meta por detrás de Andrea Dovizioso, que foi cuarto. Co segundo posto conseguido no Grande Premio da Comunidade Valenciana, Dani Pedrosa finaliza a tempada no terceiro posto do Campionato do Mundo de MotoGP.

>> Clasificación

26/10/2008

Últimas noticias

> Simoncelli pecha o ano con vitoria
> Simone Corsi vence en Cheste


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.