Pedrosa: "Unha primeira liña importante" - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Pedrosa: "Unha primeira liña importante"

Copy Repsol

“Tras asinar o segundo mellor tempo na xornada de adestramentos en Cheste, Dani Pedrosa recoñeceu que coa choiva a proba “foi un pouco difícil. Para probar os pneumáticos de carreira tivemos que parar un pouquiño antes e asegurar un bo tempo.”

“Ao principio non o conseguimos pero ao final, co último pneumático, fixemos un bo tempo. Cometín un pequeno erro ao final da primeira recta e quizá por iso escapóuseme a pole. Houbo bastante movemento no box, algúns nervios, ás veces non sabiamos por onde tirar, pero ao final conseguimos unha primeira liña importante.”
“Do que Nunca te podes fiar de Valentino Rossi, en carreira sempre dá máis que nos adestramentos. E tamén está que Stoner, que tamén foi moi ben.”

Nicky Hayden:
“É bastante claro que fomos a por a pole. Estamos a ir moi rápido esta fin de semana, a moto vai ben e o equipo está a facer un gran traballo. Pero non conseguín o tempo de volta que necesitaba para facer a pole, e estou un pouco frustrado por iso. Sería bonito darlle unha pole a Michelin na súa última carreira en MotoGP. De todos os xeitos temos unha boa moto e bo set up, así que iremos a por a carreira.”

Julián Simón:
O piloto Repsol da categoría de 250cc, tras asinar o terceiro tempo da xornada, mostrouse "moi contento, porque a moto funcionou ben e eu tamén me atopei moi ben". Cara á carreira de mañá Simón prometeu que intentará "facer podio".
"Teño un bo feeling, así que espero terminar e facelo no podio". De momento, o piloto Repsol xa mira ao ceo: "As condicións meteorolóxicas son difíciles, pero para mañá dan bo tempo .”

25/10/2008

Últimas noticias

> Primeira liña para Pedrosa e Hayden
> O equipo Repsol Honda pisa forte en Cheste


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.