A firma xaponesa, que afronta o seu primeiro ano como subministrador único de pneumáticos en MotoGP, non contou cunha meteoroloxía favorable neste primeiro mes de competición. En tres das catro carreiras disputadas a choiva fixo acto de presenza, sendo a cita de Le Mans a máis caótica. Con todo, en Bridgestone están contentos con como están saíndo as cousas ata agora.
A cita francesa supuxo un novo reto para a marca de pneumáticos. A carreira comezou coa pista mollada pola choiva, pero foise secando progresivamente. Bridgestone non administra este ano gomas intermedias polo que os pilotos comezaron con pneumáticos de choiva e acabárona con slicks (para correr en seco).
O responsable de desenvolvemento dos Bridgestone de competición, Tohru Ubukata, destacou o rendemento ofrecido tanto polas gomas de choiva como polos slicks nunha carreira na que os pilotos non botaron de menos os compostos intermedios.
“O noso pneumático para auga evidenciou unha boa durabilidade -explicou-, estou contento por iso. Ademais, os slicks ofreceron un bo rendemento coa pista aínda húmida. Comprobamos polo tanto que cos dous tipos de compostos podemos cubrir todo tipo de condicións durante unha fin de semana de competición”.
21/05/2009
Otros enlaces de interés:
• Dani Pedrosa escribe sobre el Mundial en su blog
• ¿Quieres ganar una Honda? Participa en el Desafío Repsol
• Todas las citas del Mundial: calendario 2009
• Así va el Mundial: clasificación 2009
• Todos los datos estadísticos, en el Buscador más completo de la red
Últimas noticias
> Tres podios consecutivos nun gran arranque do Mundial
> Pedrosa “Foi unha última volta moi emocionante”
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.