Andrea Dovizioso, a un paso do podio - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Andrea Dovizioso, a un paso do podio

Copy Repsol

O piloto do Repsol Honda Team está a asinar un gran inicio de tempada. No seu segundo ano na máxima categoría Andrea Dovizioso ocupa o cuarto posto na clasificación xeral, a mesma posición na que finalizou as últimas tres carreiras. O reto do piloto italiano é escalar ao podio, que até agora se lle escapou por fraccións de segundo.

En Xerez foi o seu compañeiro de equipo Dani Pedrosa quen lle arrebatou a terceira posición na mesma liña de meta. Quince días despois Valentino Rossi borrou as súas ilusións de subir ao caixón no Gran Premio de casa, en Mugello. Esta fin de semana, o italiano pelexou polos postos de honra con Casey Stoner, que o superou por tan só 0.052s de diferenza.

O de Repsol está a confirmarse cun piloto de calidade e con moita proxección de futuro. Nun Mundial moi igualado, Dovizioso está a pilotar a un gran nivel, loitando entre os mellores. Dous quintos postos consecutivos, un oitavo na carreira de Xerez e tres cuartos postos elévano ao cuarto posto da clasificación, a 37 puntos dos tres primeiros, que están empatados en 106.

O luns, nos adestramentos celebrados tras o Gran Premio de Cataluña, o piloto do Repsol Honda Team marcou os mellores tempos. Dovizioso tivo a ocasión de probar as melloras na moto e quedou moi satisfeito: “Imos polo bo camiño”. A próxima cita é en Assen, e o italiano quere subirse ao podio holandés.

> Coñece a Andrea Dovizioso
>
Accede á zona Dovizioso

Enlaces relacionados:

Queres levarche a casa a Honda de Dani Pedrosa?
Apoia a Dani no seu blog
Todas as citas do Mundial: calendario de 2009
Así vai o Mundial: clasificación 2009
Todos os datos estatísticos, no buscador máis completo da rede

17/06/2009

Últimas noticias

> Dovizioso, o máis rápido nas probas de MotoGP posteriores ao GP de Cataluña
> Andrea Dovizioso “Fixemos unha grande carreira”


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.