Álvaro Bautista logra a pole en 250cc - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Motociclismo > Noticias > Actualidade
Álvaro Bautista logra a pole en 250cc

CopyRacing Aprilia

Álvaro Bautista fíxose coa pole na categoría de 250cc por diante de Alex Debón, Héctor Barberá e Marco Simoncelli. Héctor Faubel foi sexto mentres que o piloto de Repsol KTM Julián Simón asinou o décimo mellor rexistro e sairá dende a terceira liña. En 125cc Pol Espargaró fíxose coa primeira pole position da súa carreira deportiva. O novo piloto catalán de Derbi volveu ser o máis rápido trala pole provisional conseguida na primeira quenda clasificatoria e partirá por diante de Dei Meglio, Nico Terol e Redding.

Álvaro Bautista fíxose coa pole position no último suspiro da quenda clasificatoria relegando a Alex Debón á segunda praza. Héctor Barberá asinou o terceiro mellor rexistro da sesión e formará por diante de Marco Simoncelli, que pechará unha primeira liña con claro dominio español. Julián Simón, pola súa banda, foi décimo e partirá dende a terceira fila. O piloto de Repsol KTM, que completou un total de dezasete xiros, conseguiu o seu mellor rexistro na décimo quinta volta para colocarse por diante de Roberto Locatelli e Thomas Luthi.

Pol Espargaró demostrou que o rexistro conseguido na primeira quenda clasificatoria non foi froito da casualidade. O de Derbi rebaixou o seu propio tempo en máis de medio segundo confirmando así que se atopa moi cómodo ante o seu público. O francés Dei Meglio foi segundo por diante de Nico Terol e Scott Redding, que pechará a primeira liña. O piloto de Repsol KTM Marc Márquez partirá dende a cuarta fila, mentres que o seu compañeiro de equipo Esteve Rabat continúa ingresado no Hospital Xeral de Catalunya. Rabat xa recuperou o coñecemento e evoluciona favorábelmente da súa caída sufrida na primeira sesión clasificatoria.

> Especial Montmeló '08

¡Participa en el Desafío Repsol!

Vuelta virtual con Dani a Montmeló
Pedrosa escribe sobre el GP de Catalunya en su Blog
Los secretos del box, en el blog de los mecánicos del Repsol Honda Team
Todos los datos estadísticos, en el Buscador más completo de Internet
Así está el Mundial

Últimas noticias

> Primeira liña para os pilotos Repsol
> Esteve Rabat recupera o coñecemento e evoluciona favorábelmente


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.