Jaime Alguersuari viuse prexudicado por unha mala estratexia de carreira, xa que ao entrar a boxes a facer a parada obrigatoria perdeu moitas posicións. O piloto de Repsol, que ocupaba a cuarta posición antes de que os pilotos empezasen a pasar polo pit lane, caeu até o décimo lugar tras realizar a súa parada. A vitoria foi para Di Sabatino, con Barba segundo e Leal terceiro.
O décimo posto conseguido por Alguersuari non reflicte a boa actuación que o piloto de Repsol tivo en Hungría. Na segunda carreira das World Series o catalán saíu dende a novena posición e tras algúns abandonos e ir superando rivais, alcanzou o cuarto lugar. O esperar até as últimas voltas para realizar o cambio de pneumáticos prexudicou a Alguersuari, que se viu superado por varios pilotos que fixeran o cambio bastante antes.
Cando saíu do pit lane, ao piloto español xa non lle quedaba apenas tempo para recuperar posicións e tivo que conformarse co décimo posto. A vitoria foi para Di Sabatino que se viu beneficiado polo seu temperán cambio de pneumáticos, que lle permitiu facerse co liderado nos últimos compases de carreira. O español Marco Barba repetiu o segundo posto conseguido na primeira carreira, e o colombiano Omar Leal completou o podio ao ser terceiro.
14/06/2009
> Apoia a Jaime no seu blog
> As World Series ao detalle
Últimas noticias
> “Continuaremos a traballar co coche para melloralo e estar entre as primeiras posicións”
> Alguersuari consegue un meritorio quinto posto en Hungría
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.