Toyota tamén abandona a Fórmula 1 - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
Toyota tamén abandona a Fórmula 1

Copy Toyota

A escuadra xaponesa anunciou esta semana a súa retirada do Mundial de Fórmula 1 debido ás dificultades económicas que atravesa a marca. Esta decisión chega tan só uns días despois de coñecer que Bridgestone, subministrador de pneumáticos da F1, deixará a competición ao termo da próxima tempada.

Coa marcha de Toyota, a Fórmula 1 queda sen representantes xaponeses. A finais do ano pasado era Honda quen anunciaba a súa retirada debido a unha crise económica que está a afectar especialmente ao sector automobilístico. Outras marcas como Suzuki ou Subaru tomaron idénticas decisións noutras modalidades deportivas.

Toyota aterrou no Mundial de F1 no ano 2002 e a súa intención era a de seguir até 2010 pero a grave situación económica actual precipitou o adeus da firma. Nun comunicado o equipo agradeceu o apoio dos afeccionados da alta competición “polo seu cálido respaldo”,
e asegurou que tratará de lograr a mellor solución para os empregados da escuadra.

Algúns medios de prensa xaponeses apuntan á posibilidade dunha venda da praza de Toyota

05/11/2009

Últimas noticias

> Bridgestone abandonará a F1 despois de 2010
> Alguersuari non puido terminar na última cita do Mundial


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.