Novo podio de Yvan Muller en Xapón - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
Novo podio de Yvan Muller en Xapón

Copy Repsol

Disputouse unha nova proba do Mundial de Turismos no circuíto xaponés de Okayama, na que os pilotos Repsol sumaron un novo podio esta vez grazas á actuación de Yvan Muller. Nunhas condicións climatolóxicas moi adversas, os pilotos Repsol cumpriron o obxectivo de manter o liderado no campionato cando falta unicamente unha proba para concluír o certame, a cita de Macau que se disputará o próximo 22 de novembro e na que se decidirá o título Mundial.

A forte choiva e as malas condicións do circuíto provocaron numerosos incidentes en ambas as carreiras, afectando de forma especial aos pilotos do Equipo SEAT que locen as cores Repsol no Mundial de Turismos. Gabriele Tarquini, que partía desde a pole position na primeira manga, sufriu unha saída de pista que o relegou á oitava praza. Rickard Rydell relevouno no grupo de cabeza, pero sufriu un toque con Jorg Muller e viuse obrigado a entrar en boxes, regresando á pista minutos despois. Entón foi Andy Priaulx quen tomou o mando da proba, seguido de Jorg Muller, e con Jordi Gené en terceira posición. O piloto Repsol finalmente foi sexto, por detrás de Yvan Muller e Gabriele Tarquini, que rodaron de forma moi coidadosa para tentar conseguir os máximos puntos posibles.

Os incidentes, con moitos máis coches involucrados, seguiron na segunda carreira baixo unha intensa cortina de auga. Monteiro saía en primeira liña, pero forzado por Jorg Muller, viuse axiña fóra da pista, como Tarquini, que se saíu para evitar o toque con outros pilotos. O piloto Repsol perdeu boa parte das súas opcións nese incidente, regresando á pista en décimo sétimo lugar e iniciando a partir dese momento unha espectacular recuperación que lle permitiu terminar sétimo, grazas tamén ao bo traballo realizado por Gené e Rydell.

Nun circuíto favorable para os coches de tracción traseira, os pilotos Repsol lograron manter as súas opcións ao Mundial, especialmente na clasificación de pilotos na que Tarquini e Muller seguen nas dúas primeiras posicións, coas máximas expectativas para as últimas carreiras do ano. O primeiro non tivo sorte hoxe, mentres que o segundo, con gran regularidade e eficacia, e un podio na segunda carreira, situouse a un paso do liderado.

Tras a carreira de Xapón, Tarquini segue líder na clasificación de pilotos con 115 puntos, dous máis que Muller que ten 113. O terceiro clasificado é Augusto Farfus con 102, e estes tres pilotos xogaranse en Macau o Título Mundial 2009. Na clasificación de construtores, SEAT segue á fronte, pero a súa vantaxe fronte a BMW reduciuse a tres puntos.

02/11/2009

Últimas noticias

> O equipo Repsol defende o liderado do Mundial de Turismos en Xapón
> Tarquini e Muller conseguen senllas vitorias en Imola


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.