O piloto Repsol Jaime Alguersuari será o reserva de Red Bull e Toro Rosso en F1 ata final de tempada - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
O piloto Repsol Jaime Alguersuari será o reserva de Red Bull e Toro Rosso en F1 ata final de tempada

Copy Repsol

Red Bull anunciou que Jaime Alguersuari será o terceiro piloto dos seus equipos de F1 a partir do Gran Premio de Alemaña, que se disputará o 11 e 12 de xullo en Nürburgring. Paralelamente, o piloto catalán continuará competindo nas World Series da man de Repsol no equipo Carlin.

Segundo un comunicado que fixo oficial o equipo, Red Bull F1 efectúa o cambio do seu piloto reserva para os equipos Red Bull Racing e Scuderia Toro Rosso. A partir do GP de Alemaña, este rol asumirao Jaime Alguersuari, substituíndo ao seu compañeiro no equipo Red Bull Young Driver, Brendon Hartley.

Jaime Alguersuari, de 19 anos, que en 2008 se proclamou o piloto máis novo en gañar o campionato de F3 británico, está competindo actualmente nas World Series by Renault.

Coa prohibición existente de facer probas ao longo da tempada, Red Bull considera o nomeamento dun terceiro condutor como parte do seu programa de formación de pilotos novos, permitindo ao elixido seguir todas as actividades dos equipos de F1 durante a fin de semana de carreira, asistindo ás reunións técnicas e escoitando as conversacións radiofónicas entre o pit e os monoprazas. Logo de beneficiarse desta experiencia durante a primeira metade da tempada, Hartley centrarase a partir de agora no seu programa na F3 Euro Series.

02/07/2009

Últimas noticias

> “Se non aproveitas as oportunidades estás perdido”
> Unha mala estratexia afasta a Alguersuari do podio


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.