Carreira decisiva en Macau para o equipo Repsol - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
Carreira decisiva en Macau para o equipo Repsol

Copy Repsol

O Campionato do Mundo de Turismos pechará en Macau o próximo día 22 unha longa tempada que comezou en Brasil o 8 de marzo e na que o equipo SEAT Sport foi o gran protagonista. O equipo e os seus cinco pilotos chegan á última cita do ano liderando un dos finais de campionato máis emocionantes que se lembran no WTCC. Gabriele Tarquini, Yvan Muller e Augusto Farfus xóganse o campionato de pilotos, separados entre si por trece puntos cando aínda hai vinte en xogo. E entre SEAT e BMW só hai tres puntos de diferenza a favor da primeira, cun máximo de trinta e seis posibles.

Din as estatísticas que SEAT nunca gañou unha carreira en Macau, a pesar de que foi alí onde a marca española e o seu piloto Yvan Muller se proclamaron campións do Mundo o ano pasado. O obxectivo do equipo é romper o estatística pero non só para gañar senón para conseguir títulos mundiais como en 2008. O obxectivo a principio de tempada era gañar un campionato, pero a determinación de todos os membros do equipo é máxima para tentar gañar os dous.

O escenario, ademais, achega un plus de dificultade a este reto. O circuíto urbano de Macau combina zonas moi rápidas con curvas lentas e ángulos moi pechados. Os adiantamentos son moi difíciles e os raís non permiten aos pilotos nin un só erro. Por iso, unha boa cualificación será decisiva, algo no que o equipo xa fixo fincapé nestas últimas carreiras da tempada. As tres poles consecutivas en Oschersleben, Imola e Okayama son o resultado desta estratexia deportiva, que permitiu colocar a cinco pilotos na Q2 nas dúas últimas carreiras, algo imprescindible para afrontar a primeira carreira con garantías de éxito.

Este será o punto de partida da última cita do WTCC. Como é tradicional en Macau, a cualificación será o venres, e as carreiras serán o domingo.

Jaime Puig, director do equipo SEAT:
"Nunca gañamos en Macau, así que esta é a mellor ocasión para facelo por primeira vez. Nun campionato tan igualado como este, con dez coches sempre rodando en menos dun segundo, gañar un título xa é un gran éxito. Pero o equipo ao completo pelexará por gañar os dous, o que tendo en conta os cambios no regulamento que sufriu durante o ano sería un resultado extraordinario. Estou convencido de que o traballo en común permitirá a Gabriele Tarquini e Yvan Muller consolidar fronte a Augusto Farfus as súas opcións para conseguir o título de pilotos”.

Horarios:
Xoves, 19 de Novembro
05:20 – 05:50: Adestramentos libres

Venres, 20 de Novembro
01:45 - 02:15: Adestramentos libres
05:15 - 05:45: Adestramentos libres
08:50 - 09:40: Sesión clasificatoria

Domingo, 22 de Novembro
00:50 - 01:05: Quentamento
05:05: 1ª carreira. 9 voltas con saída lanzada.
06:25: 2ª carreira. 9 voltas con saída parada.

19/11/2009

Últimas noticias

> Novo podio de Yvan Muller en Xapón
> O equipo Repsol defende o liderado do Mundial de Turismos en Xapón


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.