Canadá, fóra do calendario de 2009 - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Automobilismo > Noticias > Actualidade
Canadá, fóra do calendario de 2009

Copy Ferrari

Xa se coñece o calendario oficial da tempada 2009. A principal novidade, é a ausencia do Gran Premio de Canadá, que quedará fóra da competición despois de fracasar as últimas negociacións entre o goberno canadense e o patrón da Fórmula 1, Bernie Ecclestone.

Así, o calendario oficial da Fórmula 1 de cara ao próximo ano terá 17 probas, unha carreira menos que este ano. A ausencia de Canadá no Mundial supón, ademais, que a categoría raíña do automobilismo non pise terras norteamericanas, algo que non sucedía desde o ano 1987.

O alcalde de Montreal, Gérlad Tremblay, explicou que “as esixencias irrazonables da F1 exceden a nosa capacidade de pago”. Pola súa banda, o ministro de turismo canadense, Raymond Bachand, asegurou que se traballou “moi duro” para reter a cita de F1, e lamentou que as negociacións non chegasen a bo porto.

Outro dos Grandes Premios que caen, de cara ao próximo ano, é o de Francia. O Mundial inaugurarase o 29 de marzo en Australia e finalizará nun novo escenario, en Abu Dhabi, no circuíto de Yas Marina. Será o 1 de novembro e só entón saberemos se Lewis Hamilton consegue revalidar o título ou se Fernando Alonso volve ser campión con Renault.

Calendario oficial da Fórmula 1 para o 2009:
29 marzo: Gran Premio de Australia
5 abril: Gran Premio de Malaisia
19 abril: Gran Premio de China
26 abril: Gran Premio de Bahrein
10 maio: Gran Premio de España
24 maio: Gran Premio de Mónaco
7- xuño: Gran Premio de Turquía
21 xuño: Gran Premio de Gran Bretaña
12 xullo: Gran Premio de Alemaña
26 xullo: Gran Premio de Hungría
23 agosto: Gran Premio de Europa (Valencia)
30 agosto: Gran Premio de Bélxica
13 setembro: Gran Premio de Italia
27 setembro: Gran Premio de Singapur
4 outubro: Gran Premio de Xapón
18 outubro: Gran Premio de Brasil
1 novembro: Gran Premio de Abu Dhabi

19/11/2008

Últimas noticias

> De la Rosa podería regresar á competición con Force India
> As escuadras prepáranse en Montmeló


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.