Os fortes desniveis e as curvas de amplo radio do circuíto de Brno, na República Checa, serán o escenario da próxima reunión do WTCC, sexta da tempada, e polo tanto ecuador da mesma. No devandito circuíto o SEAT León TDI someterase a un duro exame, xa que este é un dos trazados máis difíciles do calendario.
Os coches de tracción dianteira parten en desvantaxe nun circuíto que consome de xeito especial os pneumáticos, debido á proliferación de curvas de moito apoio. A limitación a 2,7 bares de presión do turbo será outro duro “hándicap”, especialmente no tramo en subida do circuíto, polo que o SEAT León TDI non pode considerarse favorito neste circuíto.
Con todo, as novas normas de lastre desta tempada arroxaron un empate entre as tres marcas en liza polo campionato. SEAT BMW e Chevrolet deberán lastrar os seus coches por igual, con 40 kg., o que permite esperar unha loita moi igualada, especialmente na sesión cronometrada. Pese a esta igualdade, o SEAT León TDI levará 20 Kg. máis que en Valencia e aínda 15 Kg. máis que BMW no peso total do coche.
Ao finalizar esta reunión da República Checa, o Mundial de Turismos chegaría á súa metade. Malia as vicisitudes das cinco primeiras reunións, SEAT espera chegar a devandita metade de campionato igual que agora, encabezando as dúas clasificacións de Construtores e Pilotos, e afrontar do mellor xeito a segunda parte da tempada.
Malia as dificultades do trazado, Gabriele Tarquini logrou unha gran vitoria o ano pasado, a primeira de SEAT en Brno, un dos escenarios máis clásicos deste certame, xa que acolle o WTCC desde 2006, e antes o ETCC desde 2002.
Horarios
Sábado, 20 de Xuño
8:30 – 9:00: Adestramentos libres
11:00 – 11:30: Adestramentos libres
15:00 – 15:35: Sesión clasificatoria
Domingo, 21 de Xuño
8:30 – 8:45: Quentamento
12:50: 1ª carreira. 10 voltas con saída lanzada
15:05: 2ª carreira. 10 voltas con saída parada
18/06/2009
Últimas noticias
> Os pilotos Repsol conseguen unha espectacular triple vitoria en Cheste
> Jordi Gené lucirá novo deseño no seu coche, con motivo da proba española
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.