Alonso queda en Renault - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Ruta

Estou en: Inicio > Competición >
Alonso queda en Renault

Copy RV Racing Press

O xefe da escuadra francesa, Flavio Briatore, fixo pública a noticia máis esperada dos últimos meses. Fernando Alonso militará a próxima tempada en Renault, equipo co que logrou os seus dous títulos mundiais. A imposibilidade de recalar o próximo ano en Ferrari, así como o bo rendemento ofrecido polo R28 na segunda metade do 2008 son os motivos que empuxaron ao asturiano a tomar esta decisión.

Con este anuncio queda resolto o futuro inmediato do piloto español, que tantos rumores orixinou. A posibilidade de que Alonso vestise o mono vermello no 2009 barallouse até esta mesma fin de semana. Con todo, tal e como lembrou o presidente de Ferrari, Luca Cordero di Montezemolo, tratábase dun imposible, xa que a escuadra italiana confirmara aos seus dous pilotos para o próximo ano.

Fernando Alonso terá que esperar, pois, outro ano máis para conducir un Ferrari. Cando en 2008 asinou un contrato por tres anos con Renault contemplouse unha revisión do mesmo ao final de cada tempada, en función dos resultados. Así, se a finais de 2009 chegase unha oferta da escuadra italiana, Alonso sería libre para irse.

Pero, o futuro máis inmediato está en Renault e tanto a escuadra como o piloto xa traballan duro para conseguir ser máis competitivos en 2009. Este ano un pésimo inicio de tempada apartou ao asturiano das posicións que acostumaba, as de cabeza, e facía presaxiar un ano en branco para o piloto.

Con todo, a escuadra conseguiu ofrecer un monopraza competitivo no último tramo do Mundial, e Alonso respondeu como se esperaba del, chegando a lograr mesmo dúas vitorias, en Singapur e en Xapón. Se se tomasen en conta só os oitos últimos grandes premios, o español sería campión. Esa é a liña que quere seguir Briatore, e o seu equipo traballa xa no R29, un coche co que esperan que Alonso logre o seu terceiro título mundial.

05/11/2008

Últimas noticias

> Hamilton gaña o Mundial na última curva
> O Mundial decídese en Brasil


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.