Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Seguridade no fogar
Medidas de seguridade sobre o uso do gas
Instalación interior de gas en una cocina

Cada vez é maior o número de vivendas que contan con instalación de canalizacións de gas natural, ás que hai que sumar os fogares que usan as coñecidas bombonas de butano. Aínda que o gas é un dos combustíbeis máis seguros, unhas básicas normas de seguridade axudaranche a previr posíbeis accidentes.

 
Os gases máis utilizados -butano, propano e gas natural- son inodoros, é dicir, non desprenden ningún tipo de olor. Non obstante, as compañías que os distribúen engaden un aditivo que lles confire o característico olor a gas, para que poidas recoñecer rapidamente que hai un escape.
 
Revisión de instalacións
Unha das principais medidas que debes tomar é a revisión periódica das instalacións de gas e de todos os aparellos: estufas, quentadores, caldeiras e cociñas. Se utilizas botellas de butano, has de revisar os tubos de conexión e cambialos antes da data de caducidade. Nestas instalacións, a lei estabelece unha revisión obrigatoria cada cinco anos.
 
No caso das instalacións de gas natural le lei determina que a revisión ha de facerse cada catro anos e é de obrigado cumprimento. A grande maioría de empresas subministradoras ofrece, a diferentes prezos, unha revisión anual das instalacións, aínda que estas non te eximen da obrigatoria.
 
Comprobacións básicas
Cando se produce un escape de gas e o inhalas, este fíxase nos glóbulos vermellos do sangue impedindo que o osíxeno chegue ao cerebro e provocando dores de cabeza, vómitos e náuseas. Por esta razón aconséllase que sempre que se usen aparellos de gas, o cuarto estea ben ventilado.
 
A lapa dos aparellos de gas ha de ser dunha cor azul viva na base e máis clara no extremo, non debe tremer ou tender a apagarse. No caso contrario, a combustión será mala e terás que avisar un técnico para que localice a avaría.
 
As chaves de paso han de funcionar perfectamente e se queres comprobar se hai escapes, mestura auga e xabón e aplícao nas xuntas. Se aos poucos segundos observas que xorden pompas, a unión non é boa e estase a producir unha pequena fuga. Outra forma de comprobalo é pechar todas as chaves de paso e mirar se o contador segue avanzando. En caso afirmativo, hai unha avaría na instalación.
 
Medidas de precaución
Se cando chegas á casa cheiras a gas, abre rapidamente todas as ventás. Aínda que esteas ás escuras, non prendas ningún interruptor de luz, xa que a faísca de arrinque pode provocar unha explosión.
 
Cando prendas un aparello de gas, non abras a chave de paso a menos que teñas xa o misto acendido. Desta forma evitarás que, se saíu moito gas por un mal funcionamento do aparello, se produza unha pequena explosión ao prender o fósforo.
 
Na cociña tes a obriga de instalar pequenas reixas regulamentarias que garantan a ventilación do cuarto. Estes orificios, o seu tamaño e o seu número, están regulamentados en función dos metros da cociña e dos aparellos de gas que haxa nela. Déixate aconsellar por un instalador para cumprir coa normativa actual.
 
Baixo ningún concepto utilices os radiadores, as estufas ou as bombonas como percheiros para secar a roupa húmida. No caso das estufas, podes acabar provocando un incendio.
 

1 de setembro de 2003


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.