Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Mantemento da vivenda
Seguridade nas fachadas

As esixencias de seguridade fanse maiores nunha sociedade cuxa poboación se atopa cada vez máis concentrada en áreas urbanas. O reto pasa por garantir a seguridade dos cidadáns en todas e cada unha das edificacións. Isto inclúe, por suposto, as súas fachadas.

Existe unha preocupación fundamentada pola inseguridade e os danos reais e potenciais que poden resultar do mal estado de conservación dos elementos externos dos edificios. Por este motivo, leis que regulan a edificación e ordenanzas municipais de conservación son tallantes en aras da seguridade. As declaracións de ruína constitúen un instrumento para garantir unha correcta conservación das edificacións. Pero, antes de chegar a un deterioro tan acusado, construcións e obras deben cumprir outras normas.

Responsables, os propietarios
Faise referencia ás condicións de seguridade dos edificios no Código Civil, na lexislación autonómica, na Lei de Axuizamento Civil, na Lei de Arrendamentos Urbanos, na Lei de Propiedade Horizontal, e en abundante normativa de vivenda e rehabilitación, así como na lexislación urbanística, na referente á protección do patrimonio histórico e cultural...

En cumprimento da legalidade, os propietarios, en moitos casos comunidades de veciños, deben asumir as reparacións precisas nos inmobles para asegurar os elementos exteriores susceptibles de desprenderse. Os edificios que non conseguen certificar cada certo período a súa seguridade –o prazo pode variar duns municipios a outros-, enfróntanse a multas, tanto máis avultadas canto máis persistan na súa actitude neglixente.

Peso, auga, vento...
As paredes agora son moi seguras. Non obstante, por antiga que sexa calquera construción, unha reforma concienciuda pode devolverlle todo o esplendor e seguridade.

Os materiais que conforman as fachadas deben estar ben suxeitos para evitar desprendementos. A fachada, moderna ou centenaria, ten que ser igualmente impenetrable ao ar e á auga. Por outro lado, as fachadas deben soportar o peso dos seus propios materiais e tamén a acción de efectos meteorolóxicos adversos, como o vento ou a neve. Ventás, paneis e vidros forman parte da súa estrutura. Debe efectuarse unha comprobación de todos os seus elementos, xa que se atopan sometidos constantemente á acción horizontal do vento, principalmente, que se reparte ao longo de toda a súa lonxitude, e á acción vertical provocada polo seu peso propio e as cargas de cristais e paneis que deben aguantar.

O control da deformabilidade de pezas e cerramentos de igual modo debe ser moi estrito. Ademais de garantir a estanquidade, a fachada ten que ser segura fronte a posibles roubos, especialmente nas zonas facilmente accesibles desde a rúa ou a través de edificios próximos. As solucións máis frecuentes consisten en aumentar a resistencia á penetración do acristalamento xunto coa instalación de dispositivos electrónicos de alarma. 

O recente Código Técnico de Edificación (CTE) introduce novidades en materia de protección contra incendios. En canto a propagación exterior, establece, entre outros puntos, unha distancia mínima entre fachadas e medianerías co fin de limitar o risco de extensión horizontal das lapas, xa sexa entre dous edificios ou dentro do mesmo. Ao mesmo tempo, o CTE delimita a resistencia ao lume das cubertas para evitar o risco de propagación do sinistro aos edificios colindantes.

5 de decembro de 2007


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.