Consumo enerxético na vivenda - repsol.com

Repsol YPF

Logo Repsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Mantemento da vivenda
Consumo enerxético na vivenda

O consumo enerxético na vivenda non depende do tamaño da mesma senón da orientación da construción, do nivel de illamento térmico e da zona climática na que se atope.

Segundo a Guía Práctica da Enerxía que edita o IDAE, Instituto de Diversificación e Aforro da Enerxía, as instalacións de calefacción e auga quente sanitaria supoñen o 67% do consumo enerxético nos fogares españois.  Por isto, debes pór todos os sentidos na elección do sistema máis axeitado para ter a calor necesaria na túa vivenda sen desbaldir. 

Nunha zona cálida, pode que sexa suficiente cunha bomba de calor, mentres que nunha zona climática fría, será máis axeitado ter unha instalación de calefacción e auga quente sanitaria con caldeira individual. Neste caso, aconsellámoste que botes unha ollada aos servizos de Repsol, cuxos plans axústanse ás necesidades dos distintos tipos de vivendas e os bloques comunitarios

As caldeiras (pdf) que empregan gas natural ou gas propano ou butano son perfectas para as vivendas pequenas, medianas ou grandes, localizadas en zonas frías. Debes elixir sempre caldeiras de gran rendemento, ou incluso de rendementos superiores, pois aínda que son máis caras xeran aforros enerxéticos do 25% sobre as caldeiras de rendemento menor. O tamaño da túa vivenda determinará o número de radiadores que debes instalar na mesma. Loxicamente, a máis metros e máis habitacións incrementarase o número de radiadores. 

Illamento, a clave do aforro enerxético   

Se vas comprar unha vivenda nova, é imprescindible que te fixes na calidade dos materiais de construción e no seu nivel de illamento térmico, pois de nada serve que invistas en equipos e sistemas eficientes se posteriormente tes que empregar máis enerxía por un illamento deficiente na construción. O consumo enerxético da vivenda aumentará de forma importante se o novo fogar non presenta un nivel de illamento térmico correcto na cuberta exterior, nos muros que separan as vivendas contiguas e nos cerramentos (ventás e acristalamentos, marcos e molduras de portas, caixas de persianas enrolables, chemineas e condutos). 

No caso de que o teu fogar actual ofreza carencias neste sentido, podes realizar melloras incorporando cortiza, fibra de vidro ou poliuretano, materiais con gran capacidade illante. Con eles podes reducir ata un 30% o consumo enerxético na túa vivenda. 

Emprego de enerxías renovables  

O novo marco lexislativo en materia de construción de edificios, que entrou en vigor en 2007, esixe melloras con respecto ao illamento e a iluminación das novas edificacións e promove o emprego de enerxías renovables (solar, térmica e fotovoltaica) nas mesmas para que unha parte do consumo enerxético da vivenda proceda de fontes renovables. 

O uso das enerxías renovables non so supón aforros enerxéticos e económicos importantes, senón que é unha interesante aposta en materia de sustentabilidade e contribúe a reducir a dependencia enerxética do noso país de recursos externos. A enerxía solar térmica é unha opción perfecta en España, pois é un dos países europeos que máis radiación solar por unidade de superficie recibe ao longo do ano. Este tipo de instalacións compleméntase sempre con outras tradicionais, como as caldeiras de gas ou gasóleo para a calefacción e auga quente sanitaria. A combinación entre ambas está comezando a xeneralizarse no noso país nos novos bloques residenciais, e nuns anos teremos estatísticas fiables do aforro enerxético que arroxan estas construcións. 

Actualmente, a enerxía solar térmica acadou un alto grao de madurez en España, tanto no seu aspecto tecnolóxico como no ámbito da comercialización. A porcentaxe de aforro enerxético na produción de auga quente sanitaria con estes sistemas está entre o 50 e o 80% con respecto aos sistemas convencionais, segundo os datos do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.   

 

Artigos relacionados

A temperatura ideal para cada estancia

Aforrar enerxía mediante as plantas

21 de maio de 2008


Acceso a Confianza online

Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.