Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Mantemento da vivenda
Illa o teu fogar do frío inverno
Hombre sonriente

Coa chegada das baixas temperaturas, o que realmente aumenta nunha vivenda é o consumo eléctrico ou de gas debido á calefacción. Non obstante, manter as facturas a raia durante o inverno é doado cun bo illamento da túa vivenda.


Os expertos consideran que a temperatura dunha vivenda no inverno non debe superar os 20 graos centígrados. Unha calefacción que supere esta temperatura suporá un custo excesivo a final de mes. Illar termicamente o teu fogar pode resultar moi custoso, aínda que co tempo os seus resultados son espectaculares.

Illamento térmico
A colocación de paneis tanto no teito coma nas paredes -exteriores e interiores- da vivenda esixe un esforzo económico importante. O máis aconsellábel é deixarse asesorar por un experto, que calculará as necesidades da nosa vivenda en función dos metros cadrados de que dispoña, as horas de luz solar e a orientación. Non obstante, se non podes acometer unha empresa tan custosa, sempre podes recorrer a un falso teito de escaiola ou xeso, que axudará a concentrar a calor na vivenda grazas á cámara de aire que crea entre o teito real e o falso.

Portas e ventás
A casa adoita arrefriar máis rápido do que custa quentala. Por iso, unha das necesidades prioritarias é a de evitar que a calor escape da vivenda. Revisa todas as portas e ventás do teu fogar;busca pequenas gretas por onde poida escapar o aire e sélaas con silicona ou con xeso, segundo corresponda. Así mesmo, comproba que pechan á perfección, illando o cuarto no que se atopan.

As ventás de madeira illan máis e mellor que as de aluminio. Pero se as da túa casa son deste último material, procura que leven no seu interior o sistema de rotura de ponte térmica. Este sistema separa a parte interior e exterior da ventá cunhas barras de material illante. Así, evítase a condensación nas ventás e conséguese un maior aproveitamento da calefacción, xa que o aire quente non escapa da estanza.

Persianas
Por último, e non menos importante, debes revisar concienciudamente os tambores e persianas do teu fogar. En moitas ocasións, a caixa onde van situados está mal selada ou con pequenas gretas polas que entra o aire frío. Así mesmo, as lamas das persianas deben están en perfecto estado, xa que senón ao baixalas non encaixarán.

O uso das persianas no inverno é moi importante. Estas poden estar subidas todo o día, pero no momento no que se vaia a luz do sol, báixaas, xa que doutro modo o xélido aire da noite empezará a condensar os cristais da túa vivenda.

1 de decembro de 2004


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.