Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Comunidade de veciños
La maza de un juez
Como protexerse de danos e molestias de veciños

 

 

Segundo a Lei de Propiedade Horizontal (LPH) se un veciño xera molestias quen as padece debe pedir á comunidade de veciños que inste a este para que cese no seu comportamento. Se a pesar diso non cesa, deberase convocar unha xunta de propietarios para estudar se se toman accións legais e se a comunidade asume os custos do proceso, algo que non adoita ser habitual.



No caso dos ruídos, case todas as comunidades autónomas estabeleceron un límite máximo de 35 decibelios durante o día e 30 no período nocturno. Unha conversación alcanza os 45 decibelios, pero se a vivenda está ben insonorizada non se produce ningunha molestia. 

Cando o ruído é puntual, por exemplo no caso dunha festa cun nivel de música moi elevado e en horas de descanso, se o afectado decide recorrer á policía, pódese atopar con que ao chegar os axentes cesara a actividade molesta só de forma momentánea. 

Os niveis de ruído son difíciles de medir, porque quen os causa adoita parar nalgúns momentos. Ademais, polo xeral, o infractor normalmente alega que as actividades que leva a cabo son normais e que en todo caso é culpábel a estrutura do edificio, que non impide que o ruído chegue ás casas. 

Ben é certo que hai outras moitas actividades molestas, algunhas mesmo están prohibidas expresamente polos estatutos. Así "ao propietario e ao ocupante do piso ou local non lles está permitido desenvolver nel ou no resto do inmóbel, actividades prohibidas nos estatutos que resulten daniñas para o terreo ou que contraveñan as disposicións xerais sobre actividades molestas, insalubres, nocivas, perigosas ou ilícitas", prevé a LPH no seu artigo 7.2. 

As prohibicións refírense ás limitacións previstas de forma taxativa, por exemplo, para destinar os pisos a academias, oficinas, asesorías, consultas médicas ou no caso dos locais a pubs, discotecas, talleres de reparación, etc. 

Se se elixe litigar
Nestas circunstancias, tras esgotar as posibilidades de acordo, polo xeral, elíxese litigar e os veciños que padecen este mal vense obrigados a denunciar os feitos á policía ou ao Concello. 

A vía administrativa abre a posibilidade de denunciar no Concello o exceso de ruído, pois corresponde ás autoridades locais defender o dereito dos cidadáns a unha convivencia tranquila. Hai que presentar na casa do concello unha denuncia individual ou dun grupo de veciños para que os técnicos municipais efectúen unha inspección, emitan un informe, pidan alegacións e, no seu caso, estabelezan medidas correctoras e un prazo de execución. 

Se a denuncia presentada no concello non soluciona o problema, o cidadán pode seguir a vía contencioso-administrativa e reclamar ás autoridades municipais, ademais do cesamento dos ruídos, unha indemnización por danos e prexuízos. 

Logo está a vía civil. Consiste en interpoñer unha demanda contra quen produce as molestias. Os trámites varían lixeiramente en función do lugar de onde proveñan: o propio edificio, os edificios lindantes ou a rúa. Cando se trata de actividades orixinadas en locais ou vivendas do mesmo edificio, a LPH prohibe tanto ao propietario coma ao arrendatario o desenvolvemento no piso ou local de accións prohibidas nos estatutos, ou daquelas que resulten daniñas para o terreo. 

É neste caso cando o presidente da comunidade haberá de requirir ao veciño mediante un escrito fidedigno (burofax, carta certificada, etc.) o cesamento das actividades molestas informándoo de que, no caso contrario, a comunidade iniciará accións xudiciais. Se a comunidade de propietarios non actuase ao respecto, calquera propietario afectado tamén pode acudir aos tribunais pola súa conta. 

Esta demanda pode ir acompañada dunha solicitude de medidas preventivas e unha indemnización por danos e prexuízos. Se o causante das molestias é un inquilino, a Lei de Arrendamentos Urbanos faculta ao propietario para rescindir o seu contrato por actividades molestas e nocivas. 

Casos extremos
Só se recorre a este procedemento nos casos máis extremos, cando as molestias ocasionan risco de grave prexuízo para a saúde das persoas (art. 45 da Constitución). No cumprimento deste mandato, o Código Penal (art. 325) castiga con penas que oscilan entre os 6 meses ata os 4 anos aos que infrinxen este precepto. 

Para iso débese presentar unha denuncia ou querela ante o Xulgado. Necesítase avogado e procurador. Pódense reclamar danos e prexuízos pero é conveniente contar con testemuñas. 

Tamén é posíbel presentar un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional. Non obstante, antes de recorrer a esta vía é necesario esgotar o procedemento xudicial. Por último, pódese presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo da comunidade autónoma correspondente.


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.