Funcións do presidente e do administrador dunha comunidade de veciños - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Comunidade de veciños
Funcións do presidente e do administrador dunha comunidade de veciños

O presidente e o administrador dunha comunidade de veciños son figuras diferentes con funcións distintas dentro do inmoble, aínda que nos edificios con poucas vivendas, o máis habitual é que o presidente asuma ambos cargos.

A Lei de Propiedade Horizontal (Pdf) establece con claridade as funcións do presidente e do administrador dunha comunidade de veciños, así como os procedementos para as súas respectivas designacións e o significado que ambos teñen no contexto da comunidade. A diferenza principal entre ambos postos é que o administrador pode ser o propietario dunha vivenda ou un profesional externo, un xestor de fincas por exemplo, mentres que o presidente ten que ser un membro da comunidade. Por isto, o administrador non ten dereito de voto (agás se é un propietario que exercita este dereito como tal pero non como administrador) e o presidente si o ten, pois este cargo sempre o asume un membro da comunidade de veciños. 

As funcións do presidente son representar a comunidade en todos os aspectos. Convoca as xuntas de propietarios, diríxeas e asina as actas de reunións, ademais de encargarse de calquera problema relacionado co inmoble (chamando os operarios oportunos para que o resolvan), de asinar os contratos cos subministradores e provedores, e de representar a comunidade nun xuízo, por exemplo. Tamén é o responsable de mediar entre veciños ante problemas concretos, actividades irregulares ou queixas. Aínda que non ten capacidade decisoria, pois esta recae sobre a Xunta de Propietarios, ante emerxencias ou asuntos urxentes si está facultado para actuar. O presidente é nomeado polos propietarios e elíxese por votación, de forma rotativa ou por sorteo, e como un membro máis da comunidade, si ten dereito de voto.  

Segundo establece a Lei de Propiedade Horizontal (Pdf), no seu artigo 20, as funcións do administrador son velar polo bo réxime da casa, as súas instalacións e servizos; preparar coa debida antelación e someter á Xunta o plan de gastos previsibles, propondo os medios necesarios para facer fronte aos mesmos; atender á conservación da casa, dispondo as reparacións e medidas urxentes e informando das mesmas ao presidente; executar os acordos adoptados e realizar os pagamentos e os cobros que sexan procedentes; actuar como secretario da Xunta de Propietarios e custodiar a documentación da comunidade. Cando se contrata un profesional externo como administrador, o máis habitual é que asuma parte das funcións do presidente, principalmente as de carácter burocrático. O administrador é nomeado polos propietarios, e precísase a maioría dos votos para a súa aprobación. 

A figura do administrador recae cada vez máis nun profesional externo porque as funcións do presidente superan habitualmente ao designado, que ten que dedicar tempo e esforzo a esta actividade. Porén, esta opción vincúlase máis coas comunidades que reúnen bastantes vivendas, de forma que o pagamento ao xestor resulta máis accesible ao repartirse entre un amplo número de propietarios, ao tempo que o volume de traballo é maior. Nas comunidades pequenas, a contratación dun administrador externo pode supor unha importante carga económica para os veciños, de forma que a alternativa máis acertada será contar só coa figura do presidente. Cando recaia sobre ti este cargo, estás obrigado a aceptalo, a non ser que teñas unha causa real que o impida, e sería a Xunta de Propietarios a que valoraría esta imposibilidade e designaría ao mesmo tempo outro membro da comunidade para exercer as funcións de presidente da mesma.      
 

     

Artigos relacionados:

A contabilidade na comunidade de veciños

Problemas cos morosos nas comunidades de veciños
15 de outubro de 2008


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.