PVC, da ventá ao chan - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Vivenda > Reportaxes > Comprar casa
PVC, da ventá ao chan

O PVC é un material plástico moi empregado en construción, deseño industrial e decoración. Desde hai uns anos, os arquitectos e interioristas descubrírono para pavimentar os edificios residenciais, e é que os chans realizados con este tipo de material, son prácticos, hixiénicos e baratos.

Os chans de PVC (Policloruro de vinilo) entraron con forza nos fogares de todo o mundo. As súas calidades máis salientables son: resistencia, hixiene, rapidez na súa instalación, boa relación calidade/prezo, e sinxeleza na súa limpeza e mantemento. Todos eles son factores recoñecidos e apreciados desde hai moitos anos en edificacións públicas, sanitarias, educativas ou comerciais, é dicir, en recintos con moito tránsito que deben fomentar a seguridade e a hixiene. 

A novidade radica agora na progresiva irrupción deste tipo de pavimentos na decoración de vivendas residenciais, unha realidade atribuíble ao incremento das propostas por parte dos fabricantes. Grazas aos novos deseños, o usuario fixouse nos chans de PVC e, unha vez instalados, comprobou todas as súas vantaxes: son moi resistentes ao tempo e ao uso; son prácticos, hixiénicos e lixeiros; instálanse rapidamente sobre calquera tipo de sollado (seguindo as instrucións do fabricante pódeos colocar un mesmo); o seu custo é inferior ao dos pavimentos de madeira e cerámica; cumpren con todas as esixencias vinculadas á reacción ao lume e son moi fáciles de limpar. 

Para manter en perfecto estado os chans de PVC, basta con pasar a aspiradora ou un pano regularmente, e limpalos cunha fregona ben escorrida nunha disolución de auga quente e xabón neutro, unha vez por semana. Tan só no caso de derrame ou salpicadura para evitar posibles decoloracións do material cómpre actuar de inmediato sobre estes pavimentos

Que é o PVC?

PVC é unha combinación química de carbono, hidróxeno e cloro, cuxos compoñentes proveñen nun 43% do petróleo e nun 57% do sal. É un material lixeiro e quimicamente inerte e inocuo, ademais de termoplástico, é dicir, que coa acción da calor se amolece para o seu moldeo, mentres que unha vez frío adquire a forma desexada sen perder a súa consistencia orixinal. 

É o plástico máis empregado en España pola súa gran versatilidade —transfórmase facilmente a través de distintos procesos—, pola súa excelente relación calidade/prezo, pola súa capacidade illante e pola sinxeleza da súa limpeza e mantemento. Todas estas propiedades converteron o PVC nun material apropiado para aplicacións de longa duración na industria da construción. Así, atopámolo en ventás e cerramentos, condutos e tubaxes, portas, mobiliario e pavimentos, entre outras utilidades.  

Camiño cara á sostibilidade  

Desde o punto de vista ambiental, o PVC ten ao seu favor os seguintes aspectos: precisa dun 15% menos de enerxía que o linóleo ou a cerámica nos seus procesos produtivos, e un 50% menos de petróleo que outros plásticos, polo que emite unha cantidade mínima de CO2 á atmosfera. 

Ademais, ao ser un material de longa duración, non ten que ser substituído con certa frecuencia, o que redunda en beneficio da sostibilidade. Isto apréciase claramente no caso dos chans de PVC, que permanecen en óptimas condicións durante moitos anos cuns coidados mínimos. 

Por último, grazas á súa facilidade de transformación e a súa gran versatilidade, o reciclado do PVC resulta sinxelo: en produción, consiste en incorporar aos procesos produtivos os recortes industriais en diferentes proporcións, mesturados con material virxe. E o reciclado posconsumo tampouco presenta ningunha dificultade se os residuos son separados correctamente, de forma que se lle logre dar unha segunda vida ao material, transformando o que era un obxecto de PVC noutro produto distinto ao orixinal.


 Artigos relacionados:

¿Cando hai que renovar as instalacións de auga e de luz na vivenda? 

Toldos: eficiencia enerxética e protección para a túa casa 
26 de novembro de 2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.