Coa aparición dos fríos, as gripes e os catarros derivan frecuentemente en casos de automedicación. Porén, tomar medicamentos sen control sanitario non só é pouco eficaz senón que pode provocar reaccións adversas.
Desde sempre, é unha costume arraigada entre a poboación, ante os primeiros síntomas de arrefriado, acudir á caixa de medicamentos para intentar cortar o avance da enfermidade. En ocasións, os compromisos laborais e as tarefas do día a día fan relegar a un segundo plano o acudir ao médico para que realice o seu diagnóstico e estableza a medicación adecuada en cada caso.
Búscase unha solución rápida, evitando as esperas nas consultas médicas e decídese recuperar a medicina que xa foi efectiva un tempo atrás. As mulleres en idade laboral acostuman ser quen con máis frecuencia recorren a esta práctica, en ocasións incitadas polas persoas do entorno próximo quen recomenda un fármaco porque “a min me foi moi ben". Non obstante, se descoñece se terá a mesma validez nunha terceira persoa.
Consecuencias importantes
Segundo os expertos, a automedicación – o consumir medicamentos que non precisan receita por decisión propia – en si non é mala, sempre que se faga ben. Ten un aspecto positivo porque a persoa participa no coidado da súa propia saúde e xéralle un menor custo ao sistema sanitario. Neste sentido, non é algo a evitar senón a dirixir, porque mal dirixida, xera riscos como o retraso no diagnóstico ou a potenciación dos efectos secundarios. Os medicamentos son beneficiosos se se usan de forma correcta, na dose indicada e só cando son necesarios. En caso da máis mínima dúbida, convén acudir ao médico.
A automedicación non é un xesto intranscendente senón que pode implicar serias consecuencias para quen, con frecuencia, decide facer uso dela. Existen tres grupos de fármacos (analxésicos, antiinflamatorios e antibióticos) que mal empregados poden provocar lesións gastrointestinais, hepáticos e renais ou pneumonías, entre outras consecuencias. Tamén se poden producir intoxicacións derivadas do consumo non controlado de sedantes, antidepresivos e analxésicos. Ademais, o uso constante e prolongado de antibióticos por medio da automedicación pode desencadear unha alerxia aos propios fármacos.
No caso dos arrefriados, ao tratarse de infeccións causadas por virus, os antibióticos non resultan efectivos. Porén, en moitas ocasións recórrese a eles e isto só serve para que, ao tomalos de forma innecesaria, as bacterias se fagan resistentes e estes fármacos non teñan capacidade de actuar cando sexa necesario.
É frecuente que os tratamentos con antibióticos non se terminen, tal e como manda o médico e que os medicamentos sobrantes queden na caixa de primeiros auxilios caseira. Desta forma prodúcese un almacenamento e cando a persoa presenta síntomas parecidos emprega os medicamentos sobrantes. O problema é que estes poden estar caducados ou non ser os máis indicados para a súa enfermidade, aínda que os síntomas sexan parecidos.
Farmacias on-line
Segundo palabras do Secretario xeral de Sanidade, José Martínez Olmos, “a automedicación é un inimigo da eficacia dos medicamentos”. España é o país de Europa que máis antibióticos consume, a pesar de que o seu consumo se reduciu considerablemente. Isto non é bo porque se crea resistencia ás medicinas, ata o punto de chegar a ser ineficaces na persoa que os toma con frecuencia. Por outra parte, Olmos considera que “ao se automedicar, pódese estar inxerindo algo incompatible con outros medicamentos que se estean tomando nese momento”.
Outra costume estendida é, ante a aparición dunha gripe ou un arrefriado, combinar varios medicamentos ao mesmo tempo. Os expertos desaconsellan radicalmente esta práctica porque pode provocar reaccións adversas, en ocasións máis graves incluso que a propia enfermidade que se padece.
A proliferación de farmacias on-line en Internet facilitou que moitas persoas percorran á rede para obter medicamentos de forma sinxela e, de feito, o número de cibercondríacos (termo co que se lles coñece) é cada vez maior. Porén, hai que ter en conta que moitas veces tanto as páxinas sobre medicamentos e enfermidades como as informacións que aparecen nos foros poden ser inexactas e conter datos erróneos.
Durante a última década reduciuse a automedicación e o almacenamento de medicamentos en caixas de primeiros auxilios caseiras. Porén, máis dun 22% das persoas que se achegan diariamente ás farmacias en busca de antibióticos faino sen receita médica.
Artigos relacionados:
> ¿Pódese previr a gripe?
> Dor de cabeza: un mal frecuente
O máis lido
Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.