Dalealplay, o YouTube español - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > Casa e fogar >
Dalealplay, o YouTube español

O fenómeno das plataformas de vídeo online non pasou desapercibido para as grandes empresas. Google non o pensou dúas veces á hora de comprar YouTube vendo o potencial deste servizo.

E sen ter en conta os problemas de dereitos de autor que lle ía a carrexar. Tratando de emular o éxito deste portal naceu, da man do grupo de comunicación Vocento, Dalealplay, o primeiro portal español dedicado en exclusiva á visión e suba de vídeos.

Creado en outubro do ano pasado como un elemento máis da comunidade virtual integrada que está desenvolvendo Advernet, responsábel á súa vez do portal Ozú, Dalealplay xa acadou o millón de usuarios ao mes. Usuarios que se benefician dun entorno de aplicacións web 2.0 dentro dun escenario adaptado ás características do público hispano, que permite a comunicación entre todos aqueles que estean conectados.

Os vídeos están ordenados por categorías co fin de facilitar aos internautas a busca dos máis acordes aos seus gustos. Estes pódense colgar nun post, envialos a un amigo ou engadilos á carpeta de “favoritos”. Inclúe ademais un sistema de tags ou etiquetas de diferentes tamaños onde se reflicten os temas máis candentes. 

Entre as ferramentas exclusivas que ofrece Dalealplay salienta un sistema de subtitulado que permite realizar traducións de vídeos que estean noutros idiomas en clave de humor. Tamén, para facilitar a navegación e a localización de vídeos, conta cunha aplicación que amosa aos usuarios, mentres ven un vídeo seleccionado por eles, todos os demais relacionados con el que hai na base de datos da web en función da temática e das palabras clave. Así tense acceso directo a todos os contidos que poidan espertar maior interese.

O máis buscado
Polo xeral quen acode aos servizos de vídeo online busca humor e entretemento. Os que se conectan a Dalealplay non son unha excepción e dos máis de 40 millóns de vídeos vistos desde o seu nacemento, en outubro de 2006, boa parte deles, en concreto o 40%, pertence á categoría de “Entretemento”. “Xente” e “Música” son outras das categorías máis visitadas. Esta última rexistrou un incremento do 246% o pasado mes de maio, dato que pon de manifesto o potencial de difusión que para a industria musical teñen estes portais.

Os internautas poden entrar directamente nos vídeos máis vistos do momento, nas súas categorías ou grupos favoritos, ou realizar buscas mediante palabras clave. Entre os termos máis buscados están “humor”, “anuncio”, “divertido” e “música”. Por nomes propios, cabe citar que os usuarios de Dalealplay se interesan pola imaxe de xente como Brad Pitt e a súa parella Angelina Jolie, a ex presidiaria e rica herdeira Paris Hilton ou a cantante colombiana Shakira. 

Un dato curioso é que mentres o público de televisión foxe da publicidade como alma que leva o diaño, nas plataformas de vídeo online ocorre todo o contrario. Moitos usuarios destes sites buscan anuncios, que non son outra cousa que historias graciosas e enxeñosas contadas en pouco tempo. Non é de estrañar que os spots de televisión máis divertidos do momento ocupen as primeiras posicións do ránking de vídeos máis visitados de Dalealplay. 

YouTube, en castelán
Se o idioma podía ser un aliciente para que os españois se decantasen por Dalealplay fronte a YouTube, a plataforma de Google acaba de romper esta barreira. O máis visitado dos portais de vídeos xa está dispoñíbel en español (http://es.youtube.com).

O obxectivo que perseguen os responsábeis e fundadores da empresa, Chad Hurley e Steve Chen, é “facer unha comunidade global a partir de experiencias locais”. Ademais de en castelán, incorporáronse versións en brasileiro, holandés, francés, italiano, polaco e xaponés. Estes portais ofrecen aos usuarios no seu idioma a páxina inicial e as funcións de busca, xunto cunha selección dos vídeos locais máis vistos. 

Pero non só dos vídeos que soben os internautas particulares vive este portal. Moitas empresas dispoñen xa de canles propias. En España, por exemplo, cadeas de televisión como Antena 3, Aragón Televisión e Cuatro teñen o seu espazo exclusivo en YouTube, así como os dous principais partidos políticos. 

3 de xullo de 2007


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.