Arquitectura ecolóxica para vivendas - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Enerxía e ambiente
Arquitectura ecolóxica para vivendas

A preocupación polo ambiente non pode deixar de lado o lugar onde desenvolvemos a maior parte da nosa vida. Estes son os criterios polos que considerar unha vivenda sostible e ecolóxica, tanto na súa construción como no seu posterior uso.

O crecente desenvolvemento das vivendas ecolóxicas non responde unicamente á maior demanda por parte dos consumidores, tamén pasou a ser centro de atención para a administración pública. O Código Técnico de Edificación aprobado polo Goberno en 2006 establece unhas condicións que se propoñen aumentar o aforro enerxético, a sostibilidade e a protección do ambiente en todo o relacionado coa edificación, de maneira que se poidan cumprir os obxectivos marcados no Protocolo de Kyoto e a Estratexia de Goteborg. Para considerar unha casa como ecolóxica hai unha serie de factores que se deben ter en conta. 

Deseño da vivenda

Un aspecto fundamental é mellorar o illamento da vivenda, tanto no acristalamento como nas paredes e estrutura do edificio. Desta forma reducirase o consumo enerxético ao preservar mellor a calor en inverno e o ambiente fresco en verán, co conseguinte aforro no consumo eléctrico dos aparellos de ar acondicionado. En climas cálidos é conveniente o uso de paredes e teitos máis grosos para impedir o quecemento do interior da vivenda. 

A orientación da súa fachada e do teito aseguran a máxima dispoñibilidade da luz natural -no Hemisferio Norte o ideal é ter as zonas acristaladas cara ao Sur, para captar máis radiación solar en inverno e menos en verán- e optimizan o uso de fontes renovables de enerxía, especialmente a enerxía solar, tanto para a produción de electricidade como para obter auga quente. Se ben neste último caso existe outra opción, o emprego da enerxía xeotérmica

Materiais de construción

Ao edificar unha vivenda ecolóxica resulta fundamental unha elección axeitada dos materiais que se deben empregar. Co fin de lograr un impacto mínimo no ambiente natural hai que ter en conta a duración destes, así como a súa disposición a ser reciclados ou reutilizados no futuro. Especialmente importante é evitar que no illamento térmico sexan utilizados HCFC ou outras substancias daninas para a saúde e para o ambiente, como o chumbo (antigamente usado nas tubaxes) ou o amianto. Outro aspecto importarte é o custo ambiental que teña tanto a elaboración deses produtos, así como o seu transporte á obra, polo que é conveniente procurar que se fabriquen o máis preto posible de esta. 

Hai diversos biomateriais que poden ser empregados na estrutura da vivenda. Un moi habitual é, por suposto, a madeira, un material usado desde tempo inmemorial que ademais é un bo illante e proporciona un aspecto á vivenda moi atractivo. Tamén resulta frecuente o uso de adobe, unha masa de barro que ás veces se mestura con palla e ponse a secar ao ar libre. A chamada “Tierra en Tapial” consiste na compactación de terra mediante un enconfrado, mentres que o Bioblock é un material realizado en arxila natural, deseñado para lograr unha alta resistencia á compresión e ser un bo illante. Respecto a este último, o illamento, os materiais máis eficaces e empregados son a cortiza, o cáñamo e o lino. 

Por último, no relacionado coa pintura, nos últimos anos comezaron a proliferar no mercado diferentes tipos de pinturas ecolóxicas en cuxa mestura non se empreguen materiais tóxicos e prexudiciais para o ambiente como os metais pesados.  

 

Artigos relacionados

O abastecemento de enerxía nas zonas rurais

Sistemas autónomos de enerxía

 
30 de xuño de 2008


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.