K6, unha bombona para todas as necesidades - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
K6, unha bombona para todas as necesidades

A nova bombona de Repsol de 6 kg está feita á medida do usuario de hoxe, xa que conta cun deseño moderno, funcional e respectuoso co ambiente. Pero, máis alá da súa aparencia, ofrece moitas vantaxes tanto para o seu uso doméstico como para outros que requiran mobilidade como grellas, paelleiras, parques de campismo, caravanas...etc. Está chea de posibilidades.

As bombonas de butano tradicionais, coa súa característica cor laranxa e máis de medio século de existencia, foron, son e serán un elemento indispensable nos fogares españois. O alto poder calorífico que contén fixo do butano unha enerxía doméstica económica e limpa; a este éxito únese a vantaxe do seu sistema de almacenaxe en bombonas, que permite pagar tan só polo que se consume, en lugar de ter que abonar unha taxa periódica tal como esixen outros sistemas. Ademais, desde sempre contou coa garantía da súa ampla rede de distribución, facendo que os seus usuarios teñan acceso a unha subministración constante.

A nova K6, é unha bombona de gas butano nunha versión máis moderna e tecnoloxicamente máis avanzada que a bombona de sempre, e é que coa súa fácil mobilidade e o seu deseño ergonómico, é compatible ademais coa instalación da tradicional bombona de butano.

Se ben non presenta cambios na súa válvula de conexión, amosa visibles novidades xa desde a súa propia estética, elaborada con materiais como lámina de aceiro, resina, fibra de vidro e polipropileno, o seu peso redúcese en máis da metade respecto ao modelo tradicional, é moito máis lixeira e manexable, ademais ocupa moi pouco espazo polo que se pode gardar facilmente, isto facilita a súa utilización dentro dos fogares e fóra deles.

Esta nova bombona de Repsol atende as necesidades dos clientes máis esixentes, que demandan un manexo máis cómodo dos envases de butano.

Como adquirila

A k6 non se reparte a domicilio, pero está sempre dispoñible nas Estacións de Servizo Repsol, Campsa e Petronor seleccionadas.

Adquirir a nova k6 é moi sinxelo, só ten que se achegar ao seu punto de venda máis próximo e  nuns minutos poderá gozar das súas miles de posibilidades, para isto:

Se é a 1ª vez que vai adquirir k6:

• Deberá cubrir un boletín de consignación cos seus datos.  
• Xunto ao importe do gas deberá abonar un importe en concepto de consigna polo envase, o cal seralle reintegrado cando realice a devolución definitiva do mesmo. 
• Poderá adquirir tantas botellas como solicite. 

Se xa comprou a nova k6 ou o antigo envase de 6 kg de butano:

• Poderá cambiar un envase por outro sen ningún cargo adicional. Só deberá abonar o importe do gas.

Consellos de mantemento

Unha vez adquirida, tanto no seu transporte como na súa instalación nunha vivenda é necesario mantela en posición vertical, coa válvula na parte superior, que é a posición para a que está deseñada. En contra do que algunhas persoas poidan crer, colocala horizontalmente non permite aproveitar mellor o seu contido, ao ter butano licuado no seu interior, e cabe a posibilidade de que a devandita válvula poida resultar danada polo rozamento con algunha superficie. 



Artigos relacionados:

Repsol, reafírmase na Rede

Utilice a bombona correctamente e sacaralle o máximo partido

4 de maio de 2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.