Casas rurais ecolóxicas - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Fogar enerxético
Casas rurais ecolóxicas

Ter unha vivenda nun medio natural afastado das grandes urbes pode ser un privilexio para o seu propietario pero tamén implica unha especial responsabilidade para diminuír o impacto que pode ter sobre o ambiente. A arquitectura ecolóxica ou bioconstrución é a solución para convivir co medio.

Moita xente soña con ter unha bonita casa en medio dun espectacular medio natural, xa sexa unha zona costeira ou unha paisaxe montañosa. Pero ese hábitat é fráxil e ben polo impacto estético dunha construción, polo tipo de materiais empregados na súa construción e que algún día serán ruínas ou ben polo uso cotiá de enerxía nesa vivenda, ao final pode contribuír a un notable deterioro ambiental. Desgraciadamente, a costa mediterránea coñeceu esa clase de abusos arquitectónicos e ambientais no pasado, de aí que nos últimos anos a administración aumentase os niveis de esixencia. A bioconstrución ou arquitectura ecolóxica fundaméntase nunha serie de principios básicos. 

Fundamentos da bioconstrución

En primeiro lugar trátase de valorar as necesidades de espazo e superficie para diminuír o posible prexuízo no medio que poida causar, un aspecto que é medido pola chamada Avaliación de Impacto Ambiental. Ademais do tamaño e estrutura da vivenda un elemento fundamental neste sentido está no tipo de materiais empregados na construción, procurando que ao final do seu ciclo de vida sexan facilmente desmontables e reutilizables. Un recurso tradicional aínda que ao mesmo tempo está experimentando un considerable auxe é a utilización de madeira. O adobe e a pedra tamén son boas opcións, ao tratarse de materiais naturais, non contaminantes e, moi especialmente, de  elementos que non desentoan co medio natural no que se sitúe a vivenda. 
 
Proxectar a obra de acordo ao clima local é outro principio básico. Hai que buscar unha orientación, distribución das ventás e axeitado grosor das paredes que permita optimizar a iluminación, climatización e a ventilación natural para diminuír todo o posible o consumo enerxético. Ademais ese clima local pode ser aproveitado como fonte de enerxía, mediante a colocación de paneis solares ou dun pequeno aeroxerador de uso particular, especialmente útiles en rexións montañosas ou costeiras nas que haxa moito vento. O emprego da enerxía xeotérmica tamén pode ser outra opción a ter en conta. 

Un uso racional da auga tamén é primordial, especialmente porque a miúdo a subministración de auga é dificultosa, debido ao illamento no que se atopa a vivenda ou ben porque a rexión na que se sitúa sufra un problema crónico de seca, como é o caso da zona mediterránea. Para isto existen dispositivos que reducen o consumo hídrico ou ben que aproveitan a auga de choiva para diversos usos  como o WC, lavado de roupa, o regado das plantas... A piscina e o seu mantemento é tamén un detalle moi importante a ter en conta, dado o elevado consumo que require. 

Finalmente a xestión ecolóxica do lixo é outro factor a ter en conta. Ten dúas vertentes: por un lado a xestión de residuos xerados polos habitantes da casa na súa vida cotiá, facendo posible a reciclaxe daquela parte dos residuos que o permitan. Por outra parte, está o lixo da vivenda propiamente dita, os escombros que quedarán tras reformas ou demolicións. Nese aspecto hai que procurar que estea formada por unha variedade o máis limitada posible de materiais, co fin de que se poida organizar o lixo por categorías (plásticos, metais, cerámicas, etc.) de maneira que se facilite a recuperación, a reciclaxe ou o reuso de materiais de construción.

 

Artigos relacionados:

A evolución da enerxía no fogar I: O control da temperatura 

Os acumuladores enerxéticos
6 de agosto de 2008


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.