Unha casa con humidades non é un fogar sostible - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Unha casa con humidades non é un fogar sostible

Comezan cunha pequena mancha nunha parede ou no teito. Ás veces, é simplemente unha sensación ou un olor. As humidades poden aparecer na túa vivenda por múltiples causas e case en calquera punto ata converterse nun dos peores inquilinos da túa casa. Por iso, tanto se estás construíndo o teu novo fogar como se comezaches a notar síntomas, lembra que sempre é mellor previr que acabar mollándose.

Aínda que xeran manchas de infinitas formas e acadan intensidades moi variadas, é posible catalogalas en catro grupos en función da súa orixe:

1. Humidades provocadas por roturas en conducións de auga

Os canos ou as instalacións de calefacción ou ar acondicionado en mal estado poden xerar este tipo de humidades, moi habituais pero tamén complicadas: propáganse con facilidade e resulta complicado localizar a súa orixe. Por iso, cómpre que revises periodicamente as instalacións, para lograr unha correcta climatización e evitar males maiores. 


2. Humidades por capilaridade

Son as máis complicadas de xestionar, dado que se producen como consecuencia do contacto directo da vivenda co terreo. Por iso, son habituais en sotos e plantas baixas. A auga chega ata elas desde o subsolo, filtrándose polos poros do material. Caracterízanse pola aparición de manchas horizontais.

A causa deste tipo de humidades é clara: unha mala impermeabilización do pavimento da vivenda, non adaptada ao terreo. É clave controlar este extremo á hora de levantar unha vivenda, porque o seu amaño pode chegar a ser molesto e non moi económico xa que, agás que sexas un iniciado en albanelería, non resulta moi recomendable tratar de solucionalo pola túa conta. É preciso limpar a superficie, quitar os fungos, eliminar a pintura vella, reparar as gretas… antes de volver pintar, cun tratamento antihumidade ou un revestimento axeitado, que faga ás veces de illante e antifúnxico —capacidade para evitar o crecemento dalgúns tipos de fungos—.

3. Humidades por filtración

Son as manchas negras que se observan, por regra xeral, en teitos e cubertas. Ao igual que as humidades por capilaridade, xorden por unha mala impermeabilización da vivenda. Neste caso, o problema concéntrase na parte superior da casa, e a auga, en vez de vir do subsolo, aparece do ceo e en forma de choiva. 

A súa reparación é igual de complexa que no caso das humidades por capilaridade e, de novo, require da intervención dun profesional en cubertas se non te ves capaz de afrontar a súa reparación. 


4. Humidades ambientais

Xorden pola propia situación da vivenda. Non é o mesmo vivir ao borde do mar ou preto dun río, que nun ambiente seco. Por iso, os materiais de construción e os illantes tamén deben diferir, elixindo os máis axeitados para cada caso. 

Como norma xeral, os expertos recomendan incidir nun bo sistema de illamento á hora de construír unha nova casa e recorrer a un profesional en canto apareza a humidade, pois atallar o problema o antes posible aforrarate diñeiro, xa que acostuma bastar con tratar a zona afectada.

Evitar ambientes con humidade excesiva tamén resulta útil: ventila habitualmente a vivenda (con dez minutos diarios pode servir), vixía as túas tubaxes e impide que se obstrúan os sumidoiros da casa. No mercado podes atopar produtos de todo tipo para previr a humidade: desde sales que captan a humidade no ambiente ata deshumidificadores eléctricos que controlan a humidade ambiental de forma automática.


 
Artigos relacionados:

Todas las claves para insonorizar la vivienda

Protege tu vivienda contra el viento

25 de xaneiro de 2010


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.