Aforro grazas á compra online - repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Aforro enerxético

imagen Consello aforro
K6 convídache a descubrir como aforrar enerxía no teu fogar.

Subscríbete

Boletín Boletín
Todas as semanas, Casa e Fogar no tu e-mail.
RSS Alertas RSS
Seo primeiro en ler as reportaxe de Casa e Fogar.

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Aforro grazas á compra online

Comprar a través de internet é unha idea que segue causando certa cautela en moitos usuarios do noso país. Pero cada vez máis están decantándose polas vantaxes dunha compra que ofrece unha maior oferta e supón un maior aforro, ao diminuír o número de intermediarios e os gastos de transporte. Calquera cousa que imaxines, ao alcance de un clic do rato.

A auxe da Rede durante os últimos anos non só supuxo unha formidable mellora no acceso á información e na extensión das redes sociais, senón a aparición do denominado “comercio electrónico”. Unha opción que se ben no noso país está menos consolidada que entre os nosos veciños europeos, está logrando cada vez máis adeptos. Durante o ano 2008 o comercio electrónico en España aumentou nada menos que un 40% respecto ao ano anterior, superando un volume de negocio de 5.000 millóns de euros, sendo as vendas de billetes de avión, de tren e as ofertas turísticas das axencias de viaxes as principais beneficiadas.

Aforro no transporte

Curiosamente é o transporte —ou a súa ausencia— unha das principais vantaxes á hora de realizar tales transaccións desde o noso ordenador. A gran cantidade de desprazamentos que nos permite aforrar, converten a compra online nunha fonte de aforro de tempo e diñeiro para o consumidor. O que ademais contribúe á desconxestión das vías de comunicación das grandes cidades e, incluso, a achegar o seu gran de area á redución de emisións de gases causantes do efecto invernadoiro; non só nos evita acudir ao lugar de compra, senón a todos aqueles comercios que visitemos previamente para comparar prezos ou produtos e que, con frecuencia, se atopan fisicamente distantes entre si. No mundo virtual a posibilidade de examinar alternativas non só é moito maior (e sen límite horario), senón que non require máis esforzo que o de apertar o botón do rato. 

Esa racionalización no uso do transporte, tamén se reflicte no caso das compras a domicilio ofrecidas polos grandes centros comerciais (como EroskiMercadona ou Carrefour), en cuxas páxinas web podemos realizar a compra desde casa ou a oficina, e recibila a domicilio cun recargo variable que oscila entre os 6 e os 9 euros. Ademais dunha maior comodidade para o consumidor, este sistema supón substituír o traslado de cada usuario ata o centro comercial no seu vehículo particular por un repartidor común.

A Lei de Comercio Electrónico

Pero, como diciamos ao comezo, esta modalidade de compra a distancia aínda é reducida en España en comparación co resto de países europeos, e a principal resistencia está no medo a ser vítima dunha fraude. A posibilidade de que algún “pirata informático” acceda án osa conta corrente ou datos persoais nalgún momento do proceso de compra, ou ben que o produto adquirido non nos chegue ou non cumpra as características prometidas, condiciona aínda moitos consumidores. 

A Lei de Servizos para a Sociedade da Información (LSSI), aprobada polo Congreso no ano 2002, procura reducir eses riscos á mínima expresión. Se ben hai que ter en conta que só ten efecto ante empresas situadas dentro do ámbito nacional, que representaron durante o pasado ano algo máis da metade das vendas efectuadas a través da Rede. 

De acordo a esta lei, a empresa que venda calquera produto ou servizo a través de internet debe amosar información clara e exacta sobre este, incluíndo os posibles impostos aplicables e gastos de envío, así como información sobre domicilio, correo electrónico e datos de inscrición no Rexistro Mercantil da propia compañía. Ademais, calquera conflito que puidese xurdir deste contrato online, deberá someterse perante os tribunais do lugar de residencia do consumidor.


Artigos relacionados:

Aprender a aforrar enerxía

¿Cantos recursos desperdiciamos ao día?

12 de marzo de 2009


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.