Receitas de cociña, alimentación e nutrición, coleccionismo, calefacción, bricolaxe, mobles... Repsol.com

Repsol YPF

lblLogoRepsol

Ruta

Estou en: Inicio > ... > Enerxía na casa > Reportaxes > Aforro enerxético
Formas de aforro pasivo de enerxía
Ventana

Mentres a industria conseguiu rebaixar as súas emisións contaminantes nos últimos cinco anos e controlar o seu consumo enerxético, a demanda de enerxía dos fogares practicamente duplicouse.


A actividade cotiá que se desenvolve nas vivendas españolas é responsábel do 25% das emisións de gases de efecto invernadoiro, case tanto como o transporte de viaxeiros e mercadorías (27%), e non é moi inferior ás emanacións da industria (34%). O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE) calcula que o consumo enerxético dos domicilios particulares, incluídos os vehículos privados, emite á atmosfera 67,5 millóns de toneladas de CO2 anuais, é dicir, unhas 5 toneladas por familia. Ata 160 euros ao ano
Un bo illamento pode aforrar ata un 40% do gasto dunha familia no consumo da calefacción, ao redor de 160 euros anuais, e tamén unha porcentaxe considerábel en refrixeración, segundo o IDAE. Ademais, un illamento do exterior pode axudar a evitar as molestias producidas polos ruídos da rúa. Numerosos estudos realizados resaltan a rendibilidade da utilización de materiais illantes na construción, da colocación dun dobre acristalamento, de tiras aillanrtes en portas e ventás, de cortinas e de illar as caixas das persianas. Do que se trata é de aplicar certas técnicas de aforro pasivo de enerxía. A suma destas medidas pasivas de aforro, unida a unha boa orientación do edificio, pode supoñer un aforro enerxético nalgúns casos de ata o 60% do consumo total. O máis importante:o teito
Á hora de illar a vivenda paga a pena facelo por orde de importancia: primeiro o teito, logo as paredes e, por último, o chan. Convén instalar dobres ventás, ou dobre acristalamento, e comprobar o correcto funcionamento dos peches de portas e ventás, así como tapar as gretas en paredes ou teitos, para que non escapen nin o frío nin a calor. Pola mesma razón é recomendábel colocar un illante arredor dos depósitos e condutos da auga quente e a calefacción. É de sentido común, pero quizais haxa que recordar que non é o máis eficiente abrir as ventás cando están a calefacción ou o aire acondicionado acendidos. Con 10 minutos ao día é suficiente para ventilar a casa. Polo mesmo, as portas exteriores deben manterse abertas o menos posíbel. Outra boa medida de aforro é instalar un termóstato na calefacción. Será suficiente con regulalo en torno aos 20º C en inverno e manter acesos os radiadores soamente dos cuartos que se utilicen. Ademais, escoller a roupa axeitada á temperatura de cada época pode reducir as necesidade de elevar o termóstato ou de utilizar o aire acondicionado.  

6 de xullo de 2004


Nota informativa: Tradución do orixinal en castelán. No caso de calquera discrepancia, prevalecerá a versión en castelán.